jueves, abril 20, 2006

Control nas rehabilitacions do casco historico



Circula polos mintideiros que o Concello do Castro vai a abrir unha oficiña de control e asesoramento arquitectónico da zona do casco histórico da vila. Por fin, tarde pero non demasiado, vaise por coto a toda-las barbaridades que se poden ver na rehabilitación das vivendas desta zona. O exemplo de Allariz podería ser unha boa guía para o asesoramento nas intervencións. Os veciños poderán, antes de por portas de alumino brillantes con colgantes que imitan os antigos, barandas, simulacro das antigas, galerías que imitan as antigas, etc, etc, consultar con técnicos profesionais que asesoren con opcións máis acordes ca tradición e ca relación de ésta ca modernidade. Tamén se dí que o Concello está comprando casas no Cima da Vila para alugalas a xente nova, en fin unha boa nova.

domingo, abril 02, 2006

Unha boda en Nova York, OS BILBIRICHOS.




Fai dous anos, o once de setembro, celebrouse en Nova York a boda da filla de Domingo Sotelo e Nelida. Entón escribin unhas notas a modo de crónica que ahora quero compartir. A boda foi moi animada e para todos nos unha experiencia única:

Acababan de aterrar no aeroporto J.F. Kenedy de Nova York. A Matilde estaba leda porque lograra pasar dentro da maleta augardente, licor café, Xastreu e unto, sobretodo unto, O caldo en Nova York sen unto no sabe a nada, repetía ela. Ca Matilde viaxaban tres das súas fillas e dous netos, todos membros da casa dos Bilbirichos de Mazaira (Castro Caldelas) para asistir a unha boda. A filla do Domingo e Nelida, decidiu casar o día 11 de setembro con Scott, de Pennsilvanía. A Matilde, nai do Domingo e tronco principal da familia dos Bilbirichos, non podía faltar á boda da súa neta americana. Matilde, que xa cumpriu os 80 anos, vive na Airexa, unha aldea da parroquia de Mazaira. É a segunda vez que viaxa ó Norte, que é como lle din en Mazaira ós EEUU. A Nova York emigraran nos anos setenta tres dos seus sete fillos, todos os homes da casa. Ainda que agora alí soio queda o Domingo. Así que a Matilde deixa a tertulia da pedra, onde, cando o día morre, conversa co Chiquito e cos do Ladino, e debe de ser moi divertida esta xuntaza porque acude sen falta e inquietase moito cando está fora de Mazaira e ve que se complica a posibilidade de asistir. Pero a ocasión o merece.

a filla de Domingo, naceu en Nova York hai 29 anos e sintese neoyorquina, complice cos neoyorquinos que naceron alí pero que viven a cabalo entre duas culturas. Entende o galego pero costalle falalo. Na casa falase un trufado de galego, castelán e inglés, eso que chaman galinglish. A Deby é economista, estudiou na Universidade de Nova York e traballa nun banco supervisando a concesión de créditos a empresas que producen enerxía. A súa oficiña está na pranta 31 dun rañaceos veciño do Edificio Chrisler, en pleno corazon de Manhattan e perto de onde traballa a sua nai, limpando os despachos duns abogados, tamén en outro rañaceos. Scott é de orixen alemán ainda que polas suas venas corre, tamen, sangue irlandesa e nativa. Traballa como profesor de cine na universidade de Nova York, onde coñeceu a Deby. Viviron dous anos en Rio de Xaneiro, por exixencias do traballo dela. Ata marcha a Rio vivian nun apartamento no East Village. Logo de voltar de Rio instalaronse nun apartamento da primeira pranta da casa do Domingo e a Nelida, en Queens.

Mentres o avión cruza o atlantico, a Matilde lembra o seu anterior viaxe ó Norte e fala da comunidade galega en Nova York, das familias que visitou, das festas que lle fixeron os veciños de Mazaira emigrados alá. Fala da peluquería grega de Astoria, da manicura das mans, do sobriño Candido que traballou na ponte de Verrazano e no tunel Holland, que vai dende Manhattan a Nova Yersey, por debaixo da auga. ?O Candido fuxe a Galicia en canto pode e pasa catro meses na vila, xugando a brisca?, explica a Matilde. O Candido sempre dí que ?vale máis un enterro no Castro que unha boda en Nova York...?.

A Matilde lembraba a boda do seu fillo Domingo, cando voltou de Alemania, no verán do 70, deixando o traballo nunha fabrica de neumáticos para excavadoras. Conta que a Nelida era da casa dos cachapelos, dos Espiñeiros. Marchara para o Norte de ben noviña e mantiña, xa daquela, unha relación epistolar co Domingo. Pero era unha relación con intermediaria. Nelida carteabase ca súa amiga Luisa da Airexa e nas suas cartas sempre había unhas letriñas pro Bilbiricho. Por Luisa o Domingo sabía que a Nelida viría a pasar o verán ós Espiñeiros e era unha boa oportunidade para festexala. Bailaron na festa da luz, en Rio, e no San Xoan, ata non sentir as pernas. Nelida vivia nun apartamento en Manhattan ca súa tía Lola. O seu tio político traballaba de camareiro no Waldorf Astoria, chegando a servir o mesmísimo W. Churchil. A Nelida faloulle o Domingo das maravillas da cidade de Nova York, dos rañaceos, das pontes, dos rios e touciñas que rodeaban a cidade, das oportunidades que alí poderían ter. Ademáis, se casaba con ela sería facil conquerir o visado para o Norte. Domingo pensou que si pudera co alemán tamén podería co inglés. Entón non era como agora que os hispanos estan por todolos lados e había que coñecer un pouco de inglés para defenderse e ter máis oportunidades de traballo.

Daquelo había xa 34 anos e agora o Domingo esperaba na saída do aeroporto Kenedy con chofer e limusina para recoller a súa nai, irmáns e sobriños e levalos ata a súa casa, en Queens. A limusina era de un antigo compañeiro de traballo e a Matilde ria e decía con retranca que parecía o trailer do páxaro azul, un transportista de sona da vila.

Durante moitos anos o Domingo alternou diferentes traballos. Él dice que traballaba nove días á semán, porque saía dun traballo e empezaba o segundo turno en outro. Ainda que agora xa fai anos que traballa do que alí chaman Handyman; é decir, é o encargado de arranxar calquera problema que se produzca nun edificio de apartamentos. A Nelida traballa dende fai moitos anos na pranta 52 do edificio da Panam, limpando os despachos duns avogados. En Queens, na zona de Astoria, viven moitos galegos que viñeron na segunda metade do século. Ainda que hoxe onde máis galegos hai é en Newark, o barrio da serie de tv ?Os Soprano?. Os actuais veciños do Domingo son de Banglades, Pakistan etc. e pouco a pouco, como formiguiñas converteronse nos donos de todo o que se move.

No garaxe da casa de Jackson Heights, en Queens, o día nove, montouse unha festa para a familia. Domingo dixo que non nos preocuparamos que fame non iamos a pasar, que él e Scott, foron a matar un porco a Pensilvania. Non lle deixaron levar a cachucha nin o sangue porque alí non se permite comer a cabeza nen manipular o sangue, e o Domingo queixabase. Esa festa foi o encontro cos familiares máis próximos. Dende diferentes puntos do planeta chegaron familiares dos noivos. Ali estaban os sete irmans da Nelida que viven repartidos entre España, Bos Aires e Nova York, A irmá de Scott veu dende California cos seus nenos. Unha antigua compañeira de Deby que veu dende alemania. Os familiares do Domingo que viñeron dende diferentes puntos de Galicia e Barcelona. Había familiares e veciños que non se viran dende pequenos. Velaique logo un bó logro da boda o conseguir xuntar a familiares dispersos polo mundo. Unha xaponesa, amiga dos noivos, fotografiaba todo o que se movia. Houbo festa ata longas horas da noite. Do ipop de Appel de Debby, que permite gravar ata 2.000 cancións, saiu música para todos os gustos. Unha Bilbiricha dixo ?o Domingo frota as mans coma si estivera nunha matanza...?. Pero o Domingo queixabase: ?co ben que houbera estado comer unhas fillogas. Unha matanza sen cachucha, nen sangue no é un matanza?.

A mayoría dos Bilbirichos e invitados da noiva hospedanse nun hotel da rúa 48, cerca de Times Square, en Manhattan. Mentres cruzamos o East River pola ponte de Queensboro, o Domingo fálanos da colectividade galega agrupada en duas entidades; o centro galego e o circulo español. Houbo intentos de fusión dos dous clubes, como dí o Domingo, pero os acordos non foron adiante. Na Casa Galicia hay sobre todo xente de A Coruña e no Circulo Español, de Ourense. Domingo dí que os da Casa Galicia ?son máis fortes e poden en nós?. A casa Galicia aluga un edificio en Manhattana e recibe importantes rentas mensuais polo que ten cartos para levar a cabo as suas actividades con independencia das cuotas dos socios.
O Circulo Español, para financiarse, ten que alugar a súa sala de actos os fins de semana para bodas e banquetes de hispanos.

O once de setembro a media tarde saimos para o lugar da boda. A casa do Domingo e da Nelida reflexabase deformada nos cristais da imponente limusina branca que aparcou o seu caron. O Sol baixo, da media tarde, cegou uns segundos a noiva que ía entrar no coche. Suxetaba a cola do vestido cunha man e tivo que tapalos ollos ca man na que tiña o movil. ?...unha noiva moi moderna non abandona o seu movil? dixo en inglés a sua prima Fina, que ía de dama de compañía. A noiva que habitualmente leva o pelo solto, ese dia levabao recollido nun moño o que resaltaba, xunto ca forma clásica do vestido, a formalidade que estaba a tomala boda. A limusina tiña unha nevera con bebidas alcoholicas e refrescos, e contaba con xeo suficiente como para conxelar calquera exceso de emoción. O chofer, antes de por en marcha o coche, destapou unha botella de champan, serviu os pasaxeiros que sairon para o parque de Meadow Flushing, entre Queens e Long Island, onde no seu día se celebrara a Exposición Universal de 1964. A boda celebrouse o once de setembro por ser o mes favorito dos noivos e o único día libre que atoparon para poder celebrar a boda neste lugar, decidindo non terlle medo a esta data.

Entraron as damas e logo a noiva do brazo do padriño. Un grupo de gaiteiros da Casa de Galicia recibiunos tocando a muñeira ?Pasacorredoiros de Arnoia ?. O Domingo, vestido cun elegante frac, levou a noiva ata unha especie de altar o aire libre, onde esperaba o noivo. Cento noventa persoas vidas dende a Arxentina, Galicia, Alemania, Boston, California e Pensilvanía eran os convidados que acompañaban os noivos. O reverendo John Mundy oficiou a ceremonia civil. Dende a primeira fila O Domingo e a Nelida, convertidos en xigantes, observaban orgullosos a boda tan esperada e dexesada e pensaban que ainda que o noivo non era español, nin galego de alá, nin de acá, era un bo rapaz e un bo home para a sua filla, e logo de todo o Domingo lembraba, os bos ratos pasados con él bebendo viño ou viaxando por California, que hai que ver como preparan a carne por alá... Rematou a ceremonia e os gaiteiros tocaron a ?Muiñeira de Valdeferreiros?, no momento no que un impresionante Zeppelin cruzou o ceo do parque de Meadow Flushing desexándolles felicidade os noivos.

Rematada a ceremonia, a festa celebrouse na parte alta dun antigo pavellon da Exposición Universal, con forma de base espacial. O seu aspecto exterior, ultramoderno, transformouse, no seu interior, no pazo de Sisí emperatriz. Nun decorado barroco, os noivos abriron o banquete, marcandose un baile ca música que Nino Rota fixo para a película ?Amarcor? de Fellini, que lle deu o acto o adecuado tono cómico que xa non abandonaría ata o final. Houbo discursos. O Best Man , o testigo, un amigo da infancia do noivo, gandeiro en Pennsilvanía e propietario de 500 cabezas de gando, brindou polos noivos e desexoulles un futuro con moitos picaros. O home bó facíalle moita gracia as Bilbirichas polo seu aspecto de galan de cine. Non faltou o discurso da prima Fina que tranquilizou os presentes decindo que Scott non era máis que ?un galego de Pennsilvania? Houbo moito baile e incluso unhos velliños de Castrelo, que ían con muletas. Cando cantaba Manolo Escobar, marcaronse un baile a seis patas a un ritmo e movemento endiablado que moita gracia fixo á Matilde. Ela tamén bailou ata que o corpo lle aguantou e dixo que desta moito levaba para contar en Mazaira. O final chegou co baile da noiva e o Domingo, que abandonou a recollida de sobres con cartos, que é como se estila alí o ramo, e saiu a pista cunha canción de Antonio Molina, ? Mi niña bonita?.

O día seguinte da boda, O Domingo manifestou que agora estaba liberado da carga de ter unha filla casadeira e foise a enseñarlle á Matilde a Mazaira deste lado do atlantico. A 180 millas ó norte de Nova York ten a súa Vila Mazaira, unha casiña de madeira con lameiros, touciñas, o galiño ?Pin Pin? e unha pita. Co seu tractor Domingo percorre os lameiros e recolle leña na touciña, a veces incluso xoga á marrá. Si a morriña é moi forte sube a un monte, que hai perto da casa e dende alí, sentado no alto dunha pena, imaxina que está na Pena do Sastre en Mazaira e que o lago que hai ós seus pes é o rio Sil, que discurre orgulloso pola Ribeira Sacra.

Cando nos despedimos de Scott confesounos que un día alguen lle advirtira que unha noiva galega ? é como un paseo polas montañas sobre patins de rodas?, e rematou decindo que para él a súa vida cos galegos é un gran viaxe e que lle gusta moito iste paseo polas montañas.

Setembro do 2004