martes, mayo 30, 2006

Camiño da Ribeira






Unha das rutas máis fermosas, das que se poden facer andando no Castro é a da ribeira. Baixar polos Pilos, pararse a ver o xardín público que con tanto mimo coida a Maruxa; Seguir polo fondo da cubiarca, a través do angosto camiño con louxas no chan polo que noutro tempo accedián os ribeireños a Vila. Logo baixamos polo souto do Condiño, arroupados polos miles de castaños que forman iste souto máxico. Moitos distes castaños, de grandes dimensións, atopanse vacios ofrecendonos acougo no seu interior. A castaña noutro tempo era o producto base da alimentación e istes soutos debían representar unha gran riqueza; contan que logo da colleita das castañas polo da vila, os da ribeira viñan a rebusca daquelas castañas que se agochaban debaixo das follas e non se vían nunha primeira e abundante colleita. Polo camiño podense ir saboreando os amorodos sivestres que nacen nas súas beiras. Logo da forte baixada chegamos a zona máis chan, onde nace a ribeira. Do souto de castaños pasamos ós cereixos en flor, ven a acompañarnos o sonido da auga do rio caldelas ata a ponte da boga e a primaveira, nas súas multiples manifestacións, explosiona con forza. Se temos paciencia e forza para ir un pouco máis ala, podemos subir ata o Ibedo e seguir pola estrada ata o Mosteiro de Sant Paio, en Santa Tecla. Na entrada do Mosteiro hai unha gran pena con forma de asento, dende a que se pode saborear a mimosa paixase, de hortos, viñas e lameiros, que arrodean o Mosteiro.

domingo, mayo 07, 2006

A paella da concordia



Non, non é Sicilia e a que preside a mesa, Matilde, a "mamma" dun poderoso grupo mafioso italiano. Tampouco é un grupo de cazadores, non. Soio son uns amigos de Madrid, Asturias, Aragón e outros lugares que o azar da coincidencia das vacacions da semán santa trouxo ó Castro e reuniu entorno a unha paella e outras celebracións gastronómicas a Juan Luis, Antonio, Maribel, Pilar, Paloma, Martín, Charo mai, Charo filla, Pepita, Pepe, Matilde, unha morea de cativos e eu mesmo. Reunimonos para degustar unha sabrosa paella de marisco e verduras preparada por Maribel ca axuda e apoio de Pilar e que saboreamos ata as raspas. A Pepa preparou un pulpo a feira que fixo de entrante e animou o consumo do delicioso mencía Ponte da Boga.

O tino dun burro



Cando viaxamos o Castro e estamos nas bisbarras veciñas sempre nos plantexamos se entramos por Trives ou por San Clodio. Non sei por onde se chega antes, nen cal é a mellor estrada, pero a min gustame entrar por San Clodio. Xogar co Sil pola estrada que vai a Monforte, imaxinar, as xentes da Navea levar a primeira froita as vilas, cruzar Montefurado, imaxina-los romans desviando o rio, cruzalo sil dende Quiroga a San Clodio e dende alí pensar que xa estou Caldelas. A serpenteante estrada que co tino do burro vai buscando o lugar menos empinado ata chegar a Moá.