jueves, agosto 31, 2006

Estado da fonte do Toural


A foto mostra o estado no que se atopa a fonte que está pegada a casa da Martina, frente o Concello. Non sei cal é a razón pero resulta chocante que se invertira tanto esforzo en facer unha fonte no murallón e ninguén se plantexara por en valor esta fonte a que acuden diariamente moitos caldelaos.

A duquesa de Alba está molesta


A Voz de Galicia, coincidindo ca cesión en usufructo, do castelo de Moeche, por trinta anos, fixo unha entrevista a Duquesa de Alba na que se queixa da falta de agradecemento dos galegos, polas cesións feitas. «Nunca me dieron las gracias, de ninguna manera, ni dándome un recuerdo, ni una medalla, nada...». Entre as cesións atopase o castelo de Castro Caldelas, adicado a actividades socioculturais.

martes, agosto 29, 2006

Lio en Rio


Dun tempo a esta parte, moitos caldelaos, fascinados pola beleza dos paixases naturais e o clima cálido, viaxan a Rio de Xaneiro. Non viaxan como o fixo o Santos de Quintela, que estivo 30 anos afiando e arranxando paráugas en Curitiva, senon para aproveitar o seu tempo de lecer e coñecer xente do outro lado do mundo. Alí, onde se funde o sol, onde o clima é cálido cando o inverno aletarga ós caldelaos. Alá se foi o Xosé Luis de Quintela, tras os pasos do seu tio Santos, alá, onde todo pode pasar, alá onde ata un pode coñece-lo Ronaldiño e ser a envexa de milleiros de mozos que xa lles gustaría ter unha foto co rei da pelota. A piques estivo de convencelo para que se viñera a xogar ó Caldelao.

Unha caldelá de Nova York


A finais de xullo coñecimos a Belén, unha caldelá nada en Nova York. Os seus pais trouxerona a coñecer as terras de Caldelas e a familia que eiqui vive dende fai moitos séculos. Onte recibin está fermosa foto que da conta da súa forte mirada. Neses olliños craros que espertan a vida quedarón gravados para sempre formas e cores desta terra alta onde o mel é escuro. Vivirá máis alá do transformador e cando sexa grande, seguramente se preguntará polo seu orixen materno, polos seus abós. Ises tipos que se movían en vestas e percorreron o mundo en busca dos seus soños. Ises tipos que naceron a cabalo entre un mundo arcaico e a modernidade. Ises tipos que pasaron, nunha soia xeración, do arado romano o traballo na gran mazá.

domingo, agosto 27, 2006

www.abeleda.es


Fai uns días navegaba dun lado para outro seguindolle o fío as palabras e atopeime cunha fermosa páxina da Abeleda. Disfrutei moito lendo os seus contidos e mirando fotos antigas e novas. Noraboa a Javier Diéguez e os seus colaboradores por esa fiestra aberta da ribeira da Abeleda.

Un cava de uva godello


A adega día e noite, da Rúa, acaba de lanzar o mercado un cava feito con uva godello que, según dín, é de gran calidade. 8000 elegantes botellas, con etiqueta en galego, están preparadas para que as teñamos en conta nas nosas festas. Noraboa a esta interesante iniciativa.

sábado, agosto 26, 2006

Anna de Cristosende




Cristosende sempre foi para min un lugar máxico con ecos de misterio. Dalí veu María, unha muller que traballaba no noso restaurante lavando pratos. Dormía con nós no faiado e falábanos dos seus medos e das súas alegrias. Fai uns días fun a Cristosende, logo de moitos anos, e as lembranzas da María viñeronme a visitar.

O final desta fermosa aldea hai un pequeno paraíso onde dous artesans, Anna Champeney e Lluis Grau, levan a cabo a súa actividade. Anna traballa o liño e a lá. Recolle líquenes, frores, cebolas, castañas, raices, investiga e consigue cores sorprendentes para os seus texidos (toallas de liño, manteles, mantas, bufandas, chales etc.). Lluis fai cestos de mimbre, caña e madeira aberta (a cestería tìpica de Galicia). Rehabilita cestos antigos en mal estado. Da clases a quen queira introducirse neste oficio.

Un lugar aberto a xente que queira coñecer estas duas formas de facer artesanía no contexto no que eles traballan e viven. Unha opción de turismo cultural para coñecer o corazón da Ribeira Sacra.

200 firmas pola peatonalización


O xoves pola mañá entregamos no Concello de Castro Caldelas perto de 200 firmas que apoian a iniciativa da peatonalización do casco histórico e das zonas da Praza do Prado.

O día anterior quedara co alcalde (Osorio Castro) para informalo da iniciativa que estaba en marcha e da que él xa tiña noticia.

No concello, a carón do espacio de atención ó público está o despacho do alcalde. A porta estaba aberta e, por uns momentos, tiven a sensación de que iste era un espacio aberto ós veciños. Xa me advertiran, decindo que Osorio, escoitar, escoita, pero, logo, a mayoría das propostas morren polo esquecemento. Espero que non sexa iste o caso, ainda que moitas son as voces de escepticismo.

Saudámonos, él leu a iniciativa, falou das bondades do debate, penso que incluso mo agradeceu, e logo contoume unha iniciativa do cura para mercar unha campá para a torre dereita. Como o cepillo non anda sobrado, parece que o apoio do Mingos foi decisivo. Faloume da área de rehabilitación do casco histórico e do apoio da Consellería da Vivenda. Das casas que pretendían mercar e o uso que pretenden darlle, do enterramento dos cables da luz e da recollida neumática do lixo na zona vella. Tamén faloume da subvención para levar a cabo o proxecto da instalación da colección de esculturas sacras na airexa do camposanto do cimadavila. Por cortesía e respeto ó meu alcalde non o interrumpin e mostrei interés polo que me comentaba, proxectos que me interesou coñecer, son boas novas para a vila. Máis así consumiu o tempo e comenzou a mira-lo reloxo e a decir que tiña que ir a Quintela. Dixenlle que eu deixarao falar e agora tocábame a mín. Intentou zanxar a cuestión dicindo que o do casco historico é facil pero o das zonas da Praza, nen falalo. Primeiro agradéceme o debate e logo dime que non pode ser.

Insisto. Lembrolle que son 200 veciños os que apoian esta iniciativa e que deberían pensalo, non desestimala tan axiña. Falolle das posibilades que ten a vila se aposta forte polo turismo cultural. Dí que ¿qué turismo cultural vai vir a vila?? uns segundos de silencio e finalmente dí que estudiarán ordenar a praza e señalizar unhas zonas onde se poida aparcar e que incluso estudiaran a posibilidade dun garda que faga cumpri-la Ley durante os tres meses do verán. Nese pequeno momento de boa vontade incluso dí que o espacio que hai diante do Concello e da casa do ?Bisagras? podería servir para facer un parquin no subsuelo, cambiando a calificación do chan. Respecto da petición da mellora dos espacios para os cativos, resposta que se pode utiliza-la praza nova que se fixo debaixo da carretera de Ourense. Insisto e preguntolle onde poden xugar alí os cativos e resposta: si é cuestión de uns ferros xa os poremos oh!

Inviteino a facer un comunicado conxunto no que se comprometera a estudalo e negouse, manifestando co falaría con seu equipo de goberno e xa se vería. Logo rematou a entrevista, porque tiña que marchar a preparar a malla de Mazaira.

jueves, agosto 17, 2006

PEATONALIZACION DO CASCO HISTORICO





Cansos de falar e falar decidimos poñernos en marcha e intertar recoller un número suficiente de firmas para propor ó Concello a mellora dos espacios públicos de Caldelas. En concreto, a peatonalización da Praza do Prado e do casco histórico. Se a iniciativa ten apoio dabondo, propoñemos que se lle encargue a un especialista en mobilidade a forma en que se podería resolve-lo problema do aparcamento e o acceso dos veciños, hoteis, bares etc., sen causar ningún problema os comerciantes da zoa xa que do que se trata é de por en valor a zona do Prado e do Casco Historico.

En diferentes puntos da vila podese firmar o escrito ca iniciativa proposta
co seguinte contido:

Pola calidade dos espacios públicos de Caldelas
www.amigosdecaldelas.com (en construcción)

Amigos de Caldelas
Castro Caldelas (Ourense)
amigosdecaldelas@telefonica.net

Móvenos unicamente a idea de preservar e axudar a mellora-los espacios públicos da vila de Caldelas e o noso patrimonio histórico, cultural e natural. Queremos participar con iniciativas e ideas na mellora destes espacios, alentando e colaborando co Concello de Castro Caldelas. Non somos unha organizació que aspire a ser unha opción política, soio queremos axudar no diálogo e alenta-lo debate.

A preservación do patrimonio histórico e natural é de vital importancia para o futuro da vila de Caldelas. A crisis e decadencia do rural soio se ve compensada minimamente polo efecto do turismo cultural que acude a visitar esta importante vila medieval que debería loitar por ser, de feito, a capital da Ribeira Sacra.

Ca idea de mellora-lo espacio público para nós, para os nosos fillos e para os que a vila acudan, solicitamos:


I INICIATIVA:
PEATONALIZACIÓN DA PRAZA E DO CASCO HISTÓRICO

Solicitamos o Concello a peatonalización das zonas da Praza do Prado e todo o casco histórico, permitindo unicamente o acceso de coches a veciños, hoteis, etc., para o que se deberá encargar a uns especialistas un plan de movilidade que ordene o acceso a estas zonas e procure o aparcamento dos coches e autobuses noutras zonas cercanas.

Xa é hora de que se poida pasear pola vila cos cativos sen risco de atropello. Xa é hora de que os coches non sexan o máis importante e que ó excepcional patrimonio co que conta esta vila se lle dé o valor que lle corresponde. Xa é hora de que tomemos exemplo de outras vilas que levan andado moito neste eido.

II INICIATIVA:
TRANSPARENCIA DAS ACCIONS URBANISTICAS QUE SE LEVEN A CABO

Solicitamos ó Concello que ante calquera iniciativa que se leve a cabo na modificación das Normas Subsidiarias ou Plan Especial de Protección do Casco Histórico se informe a ciudadanía por todo-los medios modernos (charlas, debates, conferencias, Internet, diarios locais, así como mediante comunicación persoal a todo-los afectados).

III INICITATIVA:
PARQUE INFANTIL

Solicitamos a creación d?un novo parque infantil, un espacio más amplio para que os nenos poidan xogar de maneira segura. A situación do actual é escasa e insuficiente para unha vila coma a nosa.

jueves, agosto 10, 2006

Que chova...!


Lume, máis lume, quen queira que sexa está arrasando a nosa riqueza natural. Non hai suficientes medios para tantos incendios, de tan grandes proporcións, en zonas de difícil acceso e en multiples puntos da xeografía galega. Para istes pirodelincuentes que chova, da igual arrasar o patrimonio natural, confudese o estomago ca cabeza.
Que chova pronto para que pare esta loucura.

lunes, agosto 07, 2006

Unha nota de coor en Caldelas


A través dos hoteis de Punta Cana oira falar de España. Da súas riquezas e de mil fantasias máis. Moitas noites, mentres esperaba o sono, imaxinaba que xa tiña dabondo no seu peto para vir a España a traballar e gañar cartos para cumplir uns cantos soños. Logrou unha oferta de traballo e comenzou a acariciar algún soño. Cando chegou a vila pareceulle unha cidade pequena pero pensou que soio sería unha esquina desta cidade. Era de noite e levarono a dormir o Hostal Pallón. O día seguinte, logo de termina-la xornada, percorreu a vila por tolo-los seus puntos cardinais e deuse conta que non tiña nada que ver cas imaxes de Barcelona ou Madrid. Era unha vila fermosa e incluso tiña una castelo pero as súas dimensión eran ben pequenas. Tiña moi pouca xente e case todos eran vellos e brancos. Nen un soio negro.

Xa van tres anos e Luis Peréz Santos vaise acostubrando a vila e, ainda que, nalgún momento pensou en voltar a Santo Domingo, agora parece que vai acougando. Traballo non lle falta e ten unha boa vivenda na Carretera de Ourense onde disfruta das fermosas postas de sol. Istes días ten visita dunha familia de colombianos que viven e traballan en Barcelona e gustan moito destas terras.
Luis está ledo porqué pronto se xuntará ca súa muller e os seus fillos. É un pioneiro en Caldelas e detrás del pronto chegaran outros inmigrantes a vivir e traballar. Unha solución para esta terra que vai perdendo a súa xente e onde faltan profesionais en case todo-los eidos laborais.

As formas do azar


Non é un cadro abstracto dun pintor contemporaneo de sona. Tampouco é unha complicada fórmula matemática que poida explica-la teoría da relatividade. Trátase do banco de traballo dun ferreiro da vila. O azar foi dibuxando estas caprichosas formas. Anota un número cando se está soldando, as pingas de ferro fundido que se van pegando nunha chapa de ferro, a esmoladora que se escapa un chisco, a luz que entra pola fiestra do lado dereito e fai brilar as mordidas do ferro? A casualidade que produce beleza.

domingo, agosto 06, 2006

Un edificio moderno no centro de Ourense


Cando un pasa pola rúa do Paseo, no cruce con Cardenal Quiroga, atópase ca escultura que homenaxea ás mulleres que cada día percorrían a capital vendendo leite, e que representa un mundo borrado pola industrialización. Si levantamo-la vista atopámonos con un edificio de estilo moderno, que contrasta con esta escultura, recentemente rehabilitado, e que sempre me chamou a atención pola súa composición moderna. Según me dí un arquitecto amigo, este edificio sería moito máis moderno se fose circular no lugar onde se atopan as rúas, alí onde está o eixe que lle dá centralidade. Tamén me dí que destaca porque a súa fachada é como unha pel e non hai manifestacións da súa estructura. Recomendo levanta-la vista cando paseen polo Paseo.

Caldelas 0 Lemos 3


Un turista que casou cunha caldelá de Nova York, e que estivo vendo o partido, dixome que os de Caldelas empezaron con moita forza pero enseguida aflorou a importante formación de apoio na barra. Xa que logo, parece que a mellor formación dos de Lemos foi a causa da derrota.

viernes, agosto 04, 2006

Mariña na mariña


O mar ruxe bravo
ule orgulloso de vida
ven e vai
quere atrapar a nevoa
araña á Mariña

Mariña xoga cas ondiñas
enmeigada polas súas pegadas
curre, curre Mariña
que veñen as ondiñas

O mar ten presa por fuxir
xa bateu con forza na Mariña
curre, curre Mariña
que veñen as ondiñas

miércoles, agosto 02, 2006

Vista do Castro dende o Toural (1918)


Foto anónima facilitada por Xosé Manuel de Mazaira. Parece que foi feita no ano 1918. Facía dous anos que se constituira a Irmandade da fala, estando entre os fundadores Castelao. Era a época dos grandes movementos revolucionarios do 1917 e do final da primeria guerra mundial. Vicente Risco publicaba a revista La Centuria, como antecedente da revista Nós, fundada no 1920, e a chamada gripe española facía estragos en Europa.

martes, agosto 01, 2006

Unha ferreteria centenaria




Xosé Álvarez Pérez, natural de Pesqueiras (Pedrouzos) debeu de ver demasiadas cousas na guerra de Cuba, tantas que o sorriso nunca lle voltou a ser fácil. Madurou precipitadamente no momento no que o orgullo nacional español veuse a baixo pola perda das últimas colonias. En Cuba chegou a capitán por méritos de guerra. A colonia era a nena bonita de España e acababan de perdela. Como Areces, o fundador do Corte Inglés, Xosé decidiu voltar á vila de Castro Caldelas a fundar o seu negocio, logo de empaparse da forte actividade comercial que había naqueles tempos na Habana.

En 1895 abriu a súa tenda nos baixos da casa de Don Gonzalo. Xosé escoitara que un fotógrafo chegara á vila e andaba a retratalo todo. Cando chegou ó seu comercio da praza do Prado, o retratista quixo instalar o seu trípode e a súa cámara dentro do mostrador para ter un plano máis amplio e a mesma visión co tendeiro. Xosé quixo posar ca súa postura habitual de home de mundo que ten o control do negocio. A man dereita levemente apoiada no mostrador e a esquerda agarrando o libro no que se anotan as entradas e saídas. Mirada fixa á cámara. Bó traxe, con chaleco e camisa branca. Bigote espeso e ben coidado. O aspecto craro dun triunfador do momento. Moi a dereita, aparece outro home, de aspecto ben diferente. Case se sae da foto. Ben podería ser o axudante que leva unha libreta na man dereita.

Na tenda podíase mercar case de todo: gorras, boinas, sombreiros panamás, galochas, zapatos, botas, aceite, azafrán, pimentón, azucar, galetas, coñac, paraugas, navallas e mil cousas máis, nun tempo onde era moi difícil ter cartos para mercar algo.

No 1922 a tenda pasou á ubicación actual, perto do Concello, nun altiño dende o que se pode ver todo o que se move na praza do Prado. A tenda pasou a ser a que actualmente coñecemos como Ferretería Álvarez, ampliando e reducindo mercaderías en función das épocas. De Xosé Álvarez pasou a mans do seu fillo Xosé (coñecido popular e cariñosamente como O bisagras), logo pasou ás mans da súa dona Amparo Vázquez Taboada e hoxe o negocio está en mans da súa filla María do Carmen e, ainda, de vez en cando, o seu pai, con 92 anos, bota unha man.

Según me contan, a casa que ocupa a ferretería Alvarez era coñecida como a casa das Tullas, porqué alí almaceábase millo e centeo. Esa casa pertenceu os condes de Valladolid, emparentados cos Taboada da casa do Couto. Contan que o Luis do Couto tivo unha irman que morreu nova, de nome Margarita. Cando se fixeron as partixas, os país decidiron non repartir a parte da filla falecida e agochala. Nunca se soupo onde. O fillo de Luis, Don Ricardo do Couto, tiña a teoría de que o tesouro podería atoparse no lugar onde está esculpido o nome de Margarita nas pedras da parede da galería desa casa.

Fai pouco a ferretería dos Álvarez recibíu un homeaxe da cámara de comercio de Ourense por cumpli-los 100 anos.

Un mar de mel


Cando coñecimos a Pepe prometeunos que mel non nos ía faltar e é certo que sempre cumpre e mel non falta nunca. Logo de recorre-lo o mundo, hoxe camiña o lado da Pepita e con moito mimo produce tomates, xudias, zanahorias, guisantes, grelos, patacas e todo o que a horta dá, nestas altas terras de Caldelas. Pranta moreas de arbores frutais e pon en marcha novas iniciativas agrícolas.

Onte o Pepe ergueuse moi cedo e foi busca-los paneis de mel o lameiro do arrendo. A esas horas as abellas dormen e deixanse roubar o mel. Nesa zona as abellas comen as mil variedades de herbiñas, folliñas e frores que crecen nas Touzas de Quintela e que lle dan a mel unha cor dourada oscura. Logo de moitos traballos e de supera-los insecticidas das patacas, que frustraron outros proxectos, voltou a empezar e agora recolle o froito. Nesta coita trouxo moitos paneis. Filtra, limpa e un fio de mel vaise convertendo nun mar de mel.