jueves, octubre 16, 2008

Espirse no inicio dunha gran viaxe, arquitectura



Un gran aplauso dos alumnos de arquitectura pon de manifesto que a actuación teatral "performance" das actrices galegas Yolanda Paz e Vanessa Rivas gustou e foi entendida como tal. Espirse ante as ideas e as forma e voltar a vestirse dende esa liberdade. Esa parece que foi a idea do equipo de Casabella, rector da universidade de A Coruña, que tanta polémica casposa leva xerado.

martes, octubre 14, 2008

“Miña filla”, nace Martina


Nace Martina, no hospital máis moderno de Barcelona, mirando a cidade dende arriba, ollando ao mar, nun día de sol, entre o verán e o outono, baixo a tutela do Dr. Sostoa. Esta caldelá de Barcelona nace a carón dunha gran estrada, como símbolo dun futuro movido. Celebramos a súa chegada, Mariña máis, quere levala a escola e mostrar a súa primiña en público.

Os seus pais elexiron facer o niño no bosque, a carón da cidade e xa está eiquí a primeira cativa. O sentimento máis profundo do pai, dende o outro lado do cristal, sae en galego… “miña filla”. Identidade, nun futuro neboento… por si acaso, eu digolle que anote o número que leva o seu berce. A colectividade de galegos asentada nun bosque perto da capital ampliase con esta moziña que chega en plena crisis, co seu pan centeo debaixo do brazo.

Días de premio


E fumos a Madrid, alí onde esta gran cidade segue mantendo a súa identidade. A Pepita ca mellor moda de Ourense, leda coma nós, traqueteados pola suavidade do AVE, Barcelona, Madrid. Un fin de semán de premio, realeza moi real, museos e visitas aos espazos míticos. Camiñamos polas rúas de O Prado e disfrutamos da impresionante ampliación de Moneo.

miércoles, octubre 01, 2008

Fabiola Sotelo, premio de Unicef



Acaba de chegar de África, adiantando a volta catro días. Unha compañeira atopouse moi grave e Fabiola tivo que organizar a repatriación a toda velocidade. Viaxar polos paises onde se levan a cabo proxectos non é doado. Os proxectos da Dirección Xeral de Cooperación están espallados por varios continentes e para xestionar a súa execución compre ir a pe de obra e verificar a súa efectiva realización. Pozos de auga en Africa, humildes cociñas en America, loita contra as enfermedades (sida, malaria, cólera…etc), apoio a educación, aumentando os niveis de escolarización, axuda a muller, na reivindicación dos seus dereitos, apoio aos gobernos no fortalecemento das institucións e moitas cousas máis. A maioria das veces hai que voar a miles de kilómetros e logo viaxar durante horas por estradas perigosas, de trocha, sen asfaltar, comer e beber o que atopas en cada lugar, e cuidarse moito para non enfermar.

O venres, a caldelá Fabiola Sotelo, recibe en Madrid, o premio de Unicef pola “cooperación ao desarrollo”. O premio, según me manifesta, é un estimulo para ela e o seu equipo, unha multitude de xente espallada por varios continentes que silenciomente, a veces en duras condicións, traballan pola solidaridade e por un mundo mellor, en nome dos galegos.

Somotillo. Nicaragua. ONG "entreculturas"
Construcción da escola e loita contra o analfabetismo






Chiriaco. Amazonas.
Siervas de San Xosé
Instalación da luz e rehabilitación das escolas

Entrevista a Florencio de Arboiro

Entre as cousas boas que se atopan no último número da revista Ribera Sacra hai unha interesante entrevista ao Florencio de Arboiro que hai que ler. Florencio é amigo, dende fai moitos anos. Teño pendente publicar un pequeno video que lle fixen un día en San Estevo e que estou preparando.