jueves, diciembre 25, 2008

“ y no parar de viajar, del inverno al verano…”




Viaxamos de volta a casa, nun gran Jumbo que voa a 15.000 metros de altitude, con outros 300 viaxeiros radiantes pola vitamina C. Cruzamos o Atlántico a gran velocidade, coa axuda dos ventos Alisios. Duas horas de aforro de combustible para un aparato deste tamaño.

Fuxir das estacións, como unha viaxe no tempo, do inverno ao verán, como cantaba nunha balada Joaquín Sabina. Eleximos a Riveira Maya, na península do Yucatán. Fai pouco leín unha conversa entre Manolo Rivas e John Berger na que falaban sobre o curioso orixen do nome: Hernán Cortés cabalgaba por estas terras caribeñas, parou, e preguntoulle a un nativo que como lle chamaban a esta zona. O nativo que non entendeu ao español, contestoulle con unha pregunta, na súa lingua, que “que era o que lle estaba a preguntar…?. Según parece, soaba así como “yucatán” e o conquistador extremeño púxolle de nome á zona Yucatán.

Cando Carlos V lle preguntou a Cortés como era México, iste colleu un perganino da mesa do rei, enrugouno e logo, mentres o extendía, contestou: así é Mexico. País de grandes contrastes climáticos, con grandes cadeas montañosas e volcáns. Con ribeiras ao Pacifico e ao Caribe, onde as temperatura no inverno manteñense en torno aos 26 grados.

Nestas condicións non foi dificil convencer á Mariña e ao Antón para que se botaran a nadar nas calidas augas, color azul turquesa e esmeralda, do Caribe, na punta que mira para Cuba, alí onde noutro tempo extendían os seus dominios os sofisticados Mayas.

En Cobá visitamos os restos dunha cidade cuberta pola selva. A fortificada Tulum, a carón do mar, pareceulle a un lugartenente de Cortés demasiado imponente como para acercarse, e escribiu nunha crónica que lle recordaba a Sevilla, coas súas torres.

O xogo da pelota premiaba aos gañadores coa perda da vida, e para ese fin eran preparados dende cativos. Unha cultura moi fascinada pola sangue…por certo, como a nosa, coas cruces e os crucificados.

Mentres facía zaping no televisor atopo uns esqueches de Cantiflas, dos anos 60, na que o famoso actor diáloga cun policía mexicano que acepta unha mordida coa normalidade que impón a necesidade. 50 anos máis tarde, nun dos destinos turísticos máis importantes do mundo, inventado naqueles anos, as cousas non mudaron moito. Alex, un instructor que me axuda a controlar a forza do vento no manexo dun catamarán, onte non pudo vir. A súa prima de 16 anos foi asesinada polo mozo, que traficaba con drogas; golpeouna ata roubarlle a vida. Un cento de amigos e familiares do distrito 113 de Cancún tivo que forzar a policia a intervir. “O sacaban al asesino de la “chamaquita”, que estaba tranquilamente en su casa, o nos encargábamos nosotros del asunto y luego nos tendrían que detener a nosotros…”.