martes, febrero 28, 2012

Manzaneda nos 70

Mentres paseábamos por riba do lago xeado de Saint Morizt, cunha sensación máxica e inquietante, cóntolles  ós meus unha visita a Manzaneda a finais dos anos 70 cuns clientes do noso restaurante, que non ían a esquiar, pero gustáballes camiñar pola neve como hoxe a nós. Fabiola tiña 7 anos e eu 6, queríamos coñecer esta Serra. Lembro que íamos nun Renault 8, branco, ata Estación, ou o que era entón Manzaneda.  O coche ía con cadeas, as estradas non estaban preparadas. Había soio un refuxio onde acollerse e tomar algo quente. O día voltouse  gris, nevando sen parar, sen case visibilidade,  sen poder sair do coche. Que frío, nunca se me esqueceu esa viaxe. A vestimenta non era adecuada para esas temperaturas, xogamos un anaco ca neve e en pouco tempo as nosas roupas acabaron traspasadas e molladas. Era o principio da neve, os de Vigo e A Coruña estaban a descubrirnos e nós empezábamos a ter curiosidade polo noso entorno.

domingo, febrero 26, 2012

Por fin

Por fin Mariña patinou en Celerina.

Perto do ceo

Sábado, terceiro día infiltrados neste mundo da Jet Set, e nunca mellor dito, ata eiqui chegan os que poden nos seus avións privados a aterrar nun dos aeroporto máis altos do mundo. Hai que velo.
Era mediodía e tocaba meter algo quente no corpo. O restaurante Il Paradiso está formado por impresionantes terrazas en varios niveis. Agochados en mantas, mentres neva, nós tomamos unha sabrosa sopa de osos dos Grisones e asistimos ao expectáculo da natureza. As vistas sobre a lagoa xeada de Saint Moritz son moi fermosas. O momento é conmovedor.
Pola tarde tomamos un coctel no Palace, centro neurálxico da vida desta sofisticada vila dos Alpes. Antón e Mariña dín que lles lembra a unha igrexa. Alí cruzámonos con Sir Norman Foster e a nosa paisana Elena Ochoa. Rematamos a nosa copa e abandoamos esta capilla, que non é a nosa.

sábado, febrero 25, 2012

Piz Nair, un café nas alturas.

A nosa cabina estaba chegando a cima de Las Trais Fluors, a 2600m de altitude, Mariña achegouse a mín, e en baixiño, díxome, "papa creo que non me lembro como se esquía.".
--Tranquila é como andar en bicicleta, non sabes como mantés o equilibrio, pero cando te pos non cas ao chan. O esquecemento durou varias caidas, logo foi increible esquiar con Mariña e Antón durante moitos kilómetros por pistas azues e roxas, que eran como negras, dí Charo, polo menos eu vinme negra. Un día fermoso por Marguns, Corviglia e Piz Nair mentres lucía un sol xeneroso.

Celerina

Mariña espertou cedo, como sempre, ilusionada por correr as cortinas e descubrir as montañas de día. Antón confirma que a paisaxe merece a pena. Oscuridade ata que o sol supera as cimas brancas e ilumina o noso val con unha potencia que nos deslumbra. Viaxar, chegar a un lugar novo, do que sabemos ben pouco. Ir encaixando as primeiras pezas, ata que o puzle vai tomando forma.

miércoles, febrero 22, 2012

No val de Engadina.

Se non hai nengún atranco maña, e Rayanair quere, voaremos a Milán, e dalí a Celerina, no val de Engadina, en Saint Morizt, a 1800m de altitude. Días de Sol e deporte, neste vello país dos Alpes. Unha viaxe cos nenos ao corazón do inverno.

domingo, febrero 19, 2012

Contaxio

Película de temática apocalíptica, moi ben feita, con un gran reparto, do director Steven Soderbergh. Un virus que se contaxia dende Hong Kong a todo o mundo. Logo de vela lavarás as mans sen parar, e terás moito cuidado co que tocas.

viernes, febrero 17, 2012

Carnestoltes, o outro entroido.

A miña cebriña espertou chea de ledicia, con ganas de meterse no corpo do entroido. "Hoxe nada de traballos... soio xugar, xugar, xugar sen parar..."
--e tí non digas nada...!
Antón non está moi ledo co seu traxe de vaqueiro. A clase votou por persoaxes de Toy Story... Charo dí que o vaqueiro era o máis fácil...pequenos, grandes problemas.