
Voltan as festas. Que corran, que corran, de novo, a empanada e o polbo e, que non falte o viño. A festa foi en Os Peares. Alí Feijóo, ca liturxia de quen é nomeado cabaleiro, no seu matrimonio con Galicia, abrazou os seus veciños, amigos e familiares e prometeu desfacer todos os “entuertos” dos levantados contra o rei. “En Os Peares conocí todo”, “Para saber estar en cualquier lugar hay que saber de dónde eres”.
Este Quixote vainos defender do abuso da lingua galega sobre o español, ise dragón, que nós quere facer voltar a era dos pailáns. Que estean tranquilos os bispos e súa feligresía, vai levantar a prohibición de rezar. A aprendizaxe na tenda, o Corte inglés de Os Peares, o coñecemento preto da clientela, vaille permitir voltar ao sistema clientelar de sempre. As costas galegas, para que protexer os 500m, dende a liña da auga; que manía, ca de auga que hai no atlántico, dende Vigo a Nova York. Novo lema: “Ningún madrileño sen casa no mar”. É un cabaleiro e sempre está cabalgando, pon en venda Monte Pío e o Gaias por 100 millóns de euros que inverte na normalización e dignificación do español na Galiza. A desfeita é grande e hai que aplicarse. As normas do habitat, ¡estes galegos!, non hai xaponeses que viven en dous metros cadrados, pois sí. Logo, nós máis ca eles, un metro, ala, a pensar; medio ambiente, que é iso, hai que pedir a axuda dos cazadores galegos, que nos comen os xabaríns, perdigóns a todo o que se move; turismo, quen inventou o das casas rurais, sen unha soia pita que poña ovos, nós, pois paciencia, seguiremos cabalgando na procura de novas ideas; seguridade social, hai que seguir conciliando o traballo público co privado…