domingo, mayo 29, 2011

sábado, mayo 21, 2011

Outra idea da xuventude

"Mama, no es algo malo..!", dile a papa que no se preocupe, que queremos estar allí, no vamos a hacer nada malo..., van todos...!. Tren Praza Floresta/Praza Catalunya. 20h. Un mozo de uns 17 anos que vai sumarse ao 15-M. fala polo móvil ca súa mai.

Enviado desde mi iPhone

jueves, mayo 19, 2011

15-M, Praza Catalunya

O Cuco e o Cándido

Xa chegou Cándido de Nova York. Este ano chegou máis tarde ca o Cuco, dí A avoa. Tamén dí Matilde, con gran pena e preocupación, que soio hai un Cuco en Mazaira, que morren de fame, a química está acabando ca vida.

Enviado desde mi iPhone

martes, mayo 17, 2011

Sombras de cidadanía

Un mozo pakistaní envellecido antes de tempo reflexase sobre o movemento que proxecta o noso tren a través da súa fiestra. O seu voto non conta este domingo. Un rumanes toca unha canción sobre as moreas de soños que nos moven.

Enviado desde mi iPhone

sábado, mayo 14, 2011

El Cingle, Vacarisses



Como non nos deron nin medalla nin copa decidimos premiarnos achegándonos ata o restaurante de Montse Estruch, unha estrela Michelín. Dende as suas fiestras vese a montaña de Montserrat cas súas formas extravagantes. Ainda non pasamos da auga pero a cousa promete.

Antón gañou


Unha carreira fantástica.

El Congost, Manresa

El discurso del Rey

"...el oficio de Rey se ha convertido en el peor oficio, el de actor"


Enviado desde mi iPhone

martes, mayo 10, 2011

... Crisis

miércoles, mayo 04, 2011

Crisis

Acabo de ver a formiga moi lonxe da sua casa. Segue a busca-la vida.

martes, mayo 03, 2011

lunes, mayo 02, 2011

Poste da luz

sábado, abril 30, 2011

Crisis

Unha formiga buscandose a vida.

jueves, abril 28, 2011

Alfombra de frores no Maresme

Enviado desde mi iPhone

miércoles, abril 27, 2011

lunes, abril 25, 2011

Sementando

domingo, abril 24, 2011

Volta

No bule bule da noite o tren avanza a gran velocidade. Visitas inesperadas asaltan este dormir traqueteado.

Enviado desde mi iPhone

sábado, abril 23, 2011

Museo de Orsay, Manet

Acabo de habilitar unha nova ferramenta, publicar entradas no meu blog dende o iPhone a través de Mail.
Esta maña pudemos ver todo Manet no museo de Orsay, o inicio da modernidade na pintura.

Versalles, la grandeur



Máis impresionante que a barreira de pazos de Versalles é a intervención na natureza. Luis XIV e seus inxeneiros e xardiñeriros lograron domesticar os bosques e os ríos dandolle formas xeométricas. É coñecida a forte impresión que causaba o conxunto nas legacións extranxeiras que eran recibidas por Luis XIV ou Luis XV.

A vista dende a terraza posterior aos pazos non deixa a ninguén indiferente. 7 millóns de turistas visitan estes xardíns, tres millóns os pazos. O salón dos espellos foi testigo da firma do fin da primeira guerra mundial. Versalles abandonado e saqueado nos periodos revolucionarios do século XVIII, ocupado logo por Napoleón, hoxe é patrimonio da humanidade.


Antón e Mariña disfrutaron moito das historias que Charo lles foi contando da revolución. Estaban moi impresionados pola guillotina e os seus efectos.