
O xoves pola mañá entregamos no Concello de Castro Caldelas perto de 200 firmas que apoian a iniciativa da peatonalización do casco histórico e das zonas da Praza do Prado.
O día anterior quedara co alcalde (Osorio Castro) para informalo da iniciativa que estaba en marcha e da que él xa tiña noticia.
No concello, a carón do espacio de atención ó público está o despacho do alcalde. A porta estaba aberta e, por uns momentos, tiven a sensación de que iste era un espacio aberto ós veciños. Xa me advertiran, decindo que Osorio, escoitar, escoita, pero, logo, a mayoría das propostas morren polo esquecemento. Espero que non sexa iste o caso, ainda que moitas son as voces de escepticismo.
Saudámonos, él leu a iniciativa, falou das bondades do debate, penso que incluso mo agradeceu, e logo contoume unha iniciativa do cura para mercar unha campá para a torre dereita. Como o cepillo non anda sobrado, parece que o apoio do Mingos foi decisivo. Faloume da área de rehabilitación do casco histórico e do apoio da Consellería da Vivenda. Das casas que pretendían mercar e o uso que pretenden darlle, do enterramento dos cables da luz e da recollida neumática do lixo na zona vella. Tamén faloume da subvención para levar a cabo o proxecto da instalación da colección de esculturas sacras na airexa do camposanto do cimadavila. Por cortesía e respeto ó meu alcalde non o interrumpin e mostrei interés polo que me comentaba, proxectos que me interesou coñecer, son boas novas para a vila. Máis así consumiu o tempo e comenzou a mira-lo reloxo e a decir que tiña que ir a Quintela. Dixenlle que eu deixarao falar e agora tocábame a mín. Intentou zanxar a cuestión dicindo que o do casco historico é facil pero o das zonas da Praza, nen falalo. Primeiro agradéceme o debate e logo dime que non pode ser.
Insisto. Lembrolle que son 200 veciños os que apoian esta iniciativa e que deberían pensalo, non desestimala tan axiña. Falolle das posibilades que ten a vila se aposta forte polo turismo cultural. Dí que ¿qué turismo cultural vai vir a vila?? uns segundos de silencio e finalmente dí que estudiarán ordenar a praza e señalizar unhas zonas onde se poida aparcar e que incluso estudiaran a posibilidade dun garda que faga cumpri-la Ley durante os tres meses do verán. Nese pequeno momento de boa vontade incluso dí que o espacio que hai diante do Concello e da casa do ?Bisagras? podería servir para facer un parquin no subsuelo, cambiando a calificación do chan. Respecto da petición da mellora dos espacios para os cativos, resposta que se pode utiliza-la praza nova que se fixo debaixo da carretera de Ourense. Insisto e preguntolle onde poden xugar alí os cativos e resposta: si é cuestión de uns ferros xa os poremos oh!
Inviteino a facer un comunicado conxunto no que se comprometera a estudalo e negouse, manifestando co falaría con seu equipo de goberno e xa se vería. Logo rematou a entrevista, porque tiña que marchar a preparar a malla de Mazaira.




