jueves, abril 20, 2006

Control nas rehabilitacions do casco historico



Circula polos mintideiros que o Concello do Castro vai a abrir unha oficiña de control e asesoramento arquitectónico da zona do casco histórico da vila. Por fin, tarde pero non demasiado, vaise por coto a toda-las barbaridades que se poden ver na rehabilitación das vivendas desta zona. O exemplo de Allariz podería ser unha boa guía para o asesoramento nas intervencións. Os veciños poderán, antes de por portas de alumino brillantes con colgantes que imitan os antigos, barandas, simulacro das antigas, galerías que imitan as antigas, etc, etc, consultar con técnicos profesionais que asesoren con opcións máis acordes ca tradición e ca relación de ésta ca modernidade. Tamén se dí que o Concello está comprando casas no Cima da Vila para alugalas a xente nova, en fin unha boa nova.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Polo visto é certo, e cando continuamente loubas o labor de Allariz, esquéceseche dicir que o teu pobo foi o primeiro da provincia con PERI, antes que Allariz ou Ourense, con esto non quero dicir que as cousas se fagan mellor aquí, nin moito menos, pero tamén creo que cun pouco de axuda da Xunta aquí se van facer moitas cousas.