martes, mayo 30, 2006
Camiño da Ribeira
Unha das rutas máis fermosas, das que se poden facer andando no Castro é a da ribeira. Baixar polos Pilos, pararse a ver o xardín público que con tanto mimo coida a Maruxa; Seguir polo fondo da cubiarca, a través do angosto camiño con louxas no chan polo que noutro tempo accedián os ribeireños a Vila. Logo baixamos polo souto do Condiño, arroupados polos miles de castaños que forman iste souto máxico. Moitos distes castaños, de grandes dimensións, atopanse vacios ofrecendonos acougo no seu interior. A castaña noutro tempo era o producto base da alimentación e istes soutos debían representar unha gran riqueza; contan que logo da colleita das castañas polo da vila, os da ribeira viñan a rebusca daquelas castañas que se agochaban debaixo das follas e non se vían nunha primeira e abundante colleita. Polo camiño podense ir saboreando os amorodos sivestres que nacen nas súas beiras. Logo da forte baixada chegamos a zona máis chan, onde nace a ribeira. Do souto de castaños pasamos ós cereixos en flor, ven a acompañarnos o sonido da auga do rio caldelas ata a ponte da boga e a primaveira, nas súas multiples manifestacións, explosiona con forza. Se temos paciencia e forza para ir un pouco máis ala, podemos subir ata o Ibedo e seguir pola estrada ata o Mosteiro de Sant Paio, en Santa Tecla. Na entrada do Mosteiro hai unha gran pena con forma de asento, dende a que se pode saborear a mimosa paixase, de hortos, viñas e lameiros, que arrodean o Mosteiro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Fai dez anos que fixen esa ruta e teño un recordo moi fermoso. Non falas da paixase dos viñedos de acompaña o longo de toda a baixada i é maravillosa.
Por suposto que deixo moitas cousas pero espero que a quen lle interese o tema vai incorporando todo o que eu deixo. Gracias.
Como é poisble que se atope en tan mal estado o Mosteiro de San Paio. E que ninguen pode obrigar os curas a manter o patrimonio en boas condicions.
Nin comen, nin deixan comer.
Interesting site. Useful information. Bookmarked.
»
Publicar un comentario