sábado, enero 13, 2007

Marina volta ó Castro


O día oito faleceu Marina Alvarez, a nai de Carlos, Charo e Mercedes Canal, e aboa de nove netos: Charo, Luis, Beatriz, Paula, Ruth, Diego, Adriana, Marcos e Carlos.
Marina naceu en Vigo, no ano 1918, o ano da gripe. Os seus pais tiñan unha tenda de ultramarinos no barrio de Casablanca, no corazón dunha cidade que deixaba de ser pouco mais que unha aldea e crecía polo pulo do porto e o tráfico incesante de emigrantes. O seu pai, Manuel Alvarez López, que nacera no Castro, traballaba no Banco do Rio da Plata e invertía en accions de unha compañía de aviación que nunca chegou a voar. A epidemia de gripe extendíase, as rúas de Vigo estaban valeiras e a nena caeu enferma. A parella tivera un fillo que morrera antes de nacer Marina e non soportaban a idea de ver morrer a outro fillo na casa.

Así que o pai decidiu levar á pícara, por un tempo, as terras altas de Caldelas, á casa dos seus pais. O cariño e o embeleso co que a acolleron os seus abós e a súa tía Fé fixo que xa non os abandoara ata casar con Celso Canal, recén acabada a guerra.
Marina criouse entre as faldas da súa aboa Carmen, que era mestra i que lle enseñou a leer nos xornais, e coa súa tía, Doña Fé, nos fogons do Hotel Celta (pensión fundada na decada dos anos 20, no rebulir das ideas identitarias celtas). Ainda hai xente que lembra a precisión e cariño cos que cociñaba Doña Fe e que ista legou a Marina e tamén a outras mulleres da vila. Cando a miña mai, Pepita, empezou a aventura do restaurante tivo sempre perto o consello de Doña Fe. Mais as enseñanzas da Fe non tiñan soio por obxeto a cociña. A Fé e a súa aboa Carmen inculcáronlle un espitiru recto, o respeto polo saber e unhas normas de educación moi estrictas, que ela transmitiu os seus fillos e netos. Decía sempre Marina que ??é mais importante saber sair que saber entrar? nos sitios.

Marina sempre estivo moi ligada ó Castro. Dende a morte do seu marido, instalouse de novo no Castro, ainda que non se prodigaba moito. Era unha muller moi discreta, moi volcada na súa familia e con ideas propias. Así que Marina facía pouca vida social. O seu tempo transcurría na cociña desde a que podía divisar todo o val, unha paisaxe que nunca se cansou de mirar, e nesa inmensa galería dende a que todo se ve e apenas te ven.

Marina adoraba a casa das lembranzas da súa dulce nenez. Cada día almorzaba sentada nunha mesa mirando pola fiestra que da a ribeira e despedía o día mirando as fermosas postas de sol. Pola mañá abría o bastidor que da a casa do Rafael e sacudía as faragullas do día. Sempre estaba activa, lavando, fregando, planchando, cociñando. E facía cada cousa, ata as mais pequenas, con mimo, con toda a atención e coidado. Incluso cando estaba soia. Porque un construese tamén nas pequenas cousas, nos actos cotians. Paseaba ata os xeranios que tiña nun lado da galería, botáballes un chisco de auga e voltaba ó mirador da galería, con aquelas cómodas hamacas, para ver pasar o tempo. Ocupábase en ordear as roupas e obxetos dunha casa chea de habitacións que noutro tempo foran o hotel da vila. A vida foi fuxindo desa casa; primeiro desapareceu a malladora, así era como lle chamaba Doña Fe a maquina de discos que había no Bar Galicia, e desde que Marina enfermou ninguén voltou a tender na parte de atrás da casa. Fai uns días voltou o Castro e, tal como lle houbera gustado, tivo un enterro discreto. Agora descansa, logo dun final demasiado largo e duro, entre dous vellos cipreses, no camposanto do Cimadavila, coas vistas da ribeira das que tanto gustaba.

12 comentarios:

Anónimo dijo...

O noso pesar, extensivo a toda familia, pola morte de Marina. O seu encanto e dozura sempre han estar presentes no noso recordo.

Anónimo dijo...

Siento mucho no haber estado con todos vosotros en el Castro para despedir a la abuela.
Un abrazo

Anónimo dijo...

Quero facer chegar o sentimento solidadario da miña familia coa túa, Bautista, polo pasamento de Marina, da que fas un panexírico moi digno e sentido.

Trasladao á parentela a Marina.

Saudos

Toño

Anónimo dijo...

Gracias polas vosas cariñosas palabras. A nosa aboa Marina sempre levou o Castro no seu corazón, a vila e as súas xentes estaban sempre no seu recordo, incluso enferma como estaba nos derradeiros anos.

Anónimo dijo...

Damos las gracias a todas aquellas personas que con su presencia física o con el pensamiento nos acompañaron en los momentos difíciles de la separación de nuestra madre Marina.

Anónimo dijo...

También queremos agradecer a Bautista la información que ofrece sin embargo no estamos satisfechos con la descripción que se hace de la figura de nuestra madre. Por ello, queremos expresar nuestras vivencias y recuerdos.
Ella fue- para nosotros- el símbolo de la liberación en medio de aquella sociedad opresora de los años 50. Nuestra madre fue el empuje, la fuerza, el timón de un núcleo familiar que gracias a su energía y saber hacer nos educó en los valores democráticos de respeto y responsabilidad. En los años difíciles de la posguerra ella era la ventana por la que entraba el aire liberalizador de una sociedad oscura y asfisiante. Su alegría,su vitalidad,su cariño, su entrega, su tesón y su sentido del humor han sido el mejor ejemplo que influyó de manera decisiva en nuestras vidas.

Estaba siempre informada a través del periódico que leía tranquilamente después de la comida y de la cena. Le gustaba leer y sus nietos le regalaban siempre alguna novela de sus autores preferidos: Gala, artículos de Moure Mariño etc.

Marina, Marinita, la sobrina de Dña Fé amaba el mar y los viajes pero nunca dejó de suspirar por El Castro,su familia, sus paisajes y sus gentes hasta tal punto que estando en La Grand Place de Bruselas- una de las plazas más bellas del mundo- recordó y añoró El Prado de Castro Caldelas.

Anónimo dijo...

O meu pesar á familia á que me unen vínculos de fermosa e antiga amizade caldelá, especialmente coa súa neta Ruth. Manteño o recordo de Marina co saúdo sempre amabel, o sorriso bondadoso, a hospitalidade e cortesía, o bo humor e o encanto dela que enchía aquela casa sempre apetecible de visitar.
Saudos.

Anónimo dijo...

Muchas gracias Marta. Quiero también expresar nuestro agradecimiento a Conchita y a las personas que estuvieron prontas para cantar aquellas hermosas palabras " Quédate con nosotros
que la tarde está cayendo..."
Me ha gustado mucho. Un abrazo.

Anónimo dijo...

Queremos decir a Bautista que nos ha gustado mucho su escrito que demuestra un gran respeto y cariño. Sólo queríamos completar la descripción y manifestar lo mucho que para nosotros ha significado nuestra madre.

También agradecer a Manolita, Marta y anónimos sus hermosas palabras.

A los nietos que, debido a la distancia, no han podido acompañarnos, un fuerte abrazo.

Quisiera corregir un error que aparece en nuestro texto:

En lugar de "asfisiante" debe decir asfixiante.
Ch.

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

A toda la familia: siento mucho la muerte de vuestra "abuela" (para mí es así, al haberme relacionado con Ruth). Es verdad que el recuerdo que nos quedará de ella será su amabilidad, su brillante mirada y su enorme y preciosa sonrisa.
Un abrazo para todos.
Encarna O. M.

Anónimo dijo...

Son muy alentadoras tus palabras, yo también la veo así. Gracias, Encarna. Un abrazo.

ruth dijo...

Gracias Encarna. Yo también tengo un bonito recuerdo de aquellos años en el Castro. Un abrazo.