sábado, febrero 17, 2007

A teia de araña que nos atrapa


Falanme de reunións promovidas polo Concello nas que a asistencia é escasa e a ambición pequena. Gran escepticismo por parte da sociedade civil caldelá ante a posibilidade da A-76, como ante outros proxectos. Para que queremos autovía...?, con que nos fagan un ramal xa nos chega ben…!, algúns comerciantes de poucas miras, preocupados polo impacto da autovía nos seus pequenos comercios dicen … “si se chega tan pronto a Ourense ou O Barco, quen se quedará a mercar eiqui”. Algún apunta que outra cousa seria se se establecera eiquí algunha industria que xerara postos de traballo. Ninguén pensa que, si as comunicación son boas, a alguén do propio Castro se lle pode ocurrir montar unha pequena industria, e non pasar a vida esperando que outros veñan a traernos cousas. Unha teia de araña de vellos e subsidiados pola larga sombra das súas pensións, algún comerciante fráxil e ocioso contento co pequeno “stablishment caldelao”, iste é o contexto social no que hai que sementar.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Veo que no hay ningun comentario al respecto...Alguna iniciativa a la vista? espero que tarde o temprano salga alguna.
Saludos

Anónimo dijo...

Que pesar e incredulidade me produce o conformismo e apatía que dis mostra algunha xente do noso pobo respecto ó trazado da A -76 . Costa crer que, nestos tempos , aínda haxa quen non comprenda que a forma de mellorar a calidade de vida contribuindo a creación de riqueza e desenrolo dun pobo, pasa sempre por un bo sistema de vías de comunicación; por non falar do argumento de ir comprar fóra...Por Deus que as estradas son de ida e volta, si uns se van outros virán.
Sabendo que as comparacións son odiosas, non podo deixar de pensar ,con sa envexa , na actitude que sobre o tema manteñen os nosos veciños Triveses.
Non ver máis ca un palmo do propio nariz, sen preocupación algunha que non sexa a de un , esa falta de iniciativa e conciencia social , ó longo non son máis que factores determinantes de atraso : económico cultural e social.
Dende aquí mando unha mensaxe de ánimo a todos cantos loitan contra o inmovilismo e non permanecen pasivos ollando como se moven os demais. Ninguén dixo que fose doado pero "a Deus rogando e co mazo dando".