sábado, junio 16, 2007

O taller da Teresita


Na parte baixa dunha casa do Cimadavila, na metade da rúa que vai o camposanto, Teresita Pájaro, da familia dos Baldonedo, enseña a coser a un grupo de mozas. A súa formación procede da súa mai (Teresa), da tía da Macuca, pero tamén dos seus cursos no Instituto Martí de Barcelona. Flora leva un mes no Castro. Vive no Hostal Blanco, axuda a servir as mesas e polas tardes aprende os segredos diste oficio que lle permitirá ter un coñecemento moi util, xa que en todas-las casas é moi valorada a man que sabe coser, zurcir, remendar e facer roupa. Entre punzada e punzada as mozas van soltando o fio do que pasa na vila. O paseo co Roque outro día na festa de Aguíl… o bico do Matias no baile da Parramera… o Xosé de Alais, que non sabe bailar e un dar un paso, sen pisar…a carta dunha prima de Bos Aires, que fala da súa vida na capital Bonaerense…novas da irma da Carmiña en Venezuela... dun oficio que abre unha alternativa diferente a da terra… alí, unha enteresase de case todo o que pasa… non hai escarnio nen madecire…soio é unha maneira de pasa-la tarde, mentres corre o fio.

Nas miñas alforxas levaba esta imaxen, forxada en tardes de xogos e nas carreiras polo Cimadavila. A impresión que causa a ledicia das mozas que aprenden un oficio. Neste mundo de artesans está o principio do fio que nos leva a importante industria da moda galega.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

A miña mai estivo aprendendo ca Teresita e disfrutou moito lendo o comentario. Gracias Bautista.

Anónimo dijo...

Só recoñezo á Teresita, á súa nai e á Carmiña do luisiño ¿Ese neno é o Miguel?

Anónimo dijo...

Non é o fillo da Quena, pero non sei como se chama.

Anónimo dijo...

Teresa do Bernardino,Placidiña da Pepa,Marina(filla dun guardia),Teresita de Pedrouzos,Pilarita do sr.Ángel,Teresita,Carmiña do Luisiño e Suso da Quena.O momento +/- ano 1962.

Anónimo dijo...

Unha das persoas da foto é a mai da Teresita,a señora Teresa modista.Enseñan as fillas ás mais?Unha mai é máis moza ca a súa filla?...entre que agullas andas?

Anónimo dijo...

Ah, sí, agora xa recoñezo á Pilarita. Acabome de decatar que Miguel (o garda) parécese moito á súa avoa.

Anónimo dijo...

É interesante atopar persoas coñeciñas nas fotos, pero máis importante é construir atmósferas ou pequenos retratos de unha época e dun tempo que forman parte da nosa memoria. Ahí é onde me parece que istes comentarios de Bautista resultan moi frescos e interesantes. Gustame achegarme ata esta praza a ver o que atopo.

Anónimo dijo...

a min paréceme máis fresco o queixo fresco que chamarlle alforxa a unha cámara dixital

Anónimo dijo...

???????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????

Anónimo dijo...

Bautista, tesnos moi abandonados, queremos máis fotos;)

Anónimo dijo...

estos que van de anónimos que hagan el favor de identificarse. ya que muchas fotos desean ver y tanta curiosidad tienen por saber quienes son las personas que salen en ellas.-