martes, diciembre 25, 2007
Homeaxe a tres xuristas caldelaos
Non entendo moi ben a razón da homeaxe conxunta a tres xuristas caldelaos, ainda menos porqué a uns lles toca adiante e a outros atrás. Non dubido dos seus méritos, que os teñen. Os tres foron homes importantes dentro do eido da xustiza, e con logros salientabeis no eido da literatura, no caso de Manolo Casado Nieto.
Lembro, sendo eu un mociño, a Casado Nieto no antigo Comercio Novo, paseando diante do mostrador, mentres refunfuñaba, axitando os seus longos brazos, polo intento da Airexa de facerse co espazo veciño ao adro, onde hoxe está o “microparque infantil”. Daquela Manolo Casado e Claudio Movilla axudaron ao Concello a que non prosperara esta toma de posesión. A pedra de tres lados, cas faces dos homeaxeados, situada á entrada deste antigo espazo reivindicado pola eirexa entón podería ser un agradecemento do Concello polos servizos prestados antaño. Non sei como quedou a cousa, se houbo pleito, quen gañou… espero que me axudedes a matizar e ampliar esta entrada.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
11 comentarios:
¿que é o que non entendes da súa homenaxe?
¿a que te refires co que a uns se lles coloque diante e a outros detrás?
O Bautista igual os quería poñer a uns por riba dos outros. Non se o caso é buscar algo para criticar... coma sempre.
Se se fai está mal....
Se non se fai está mal
O adro nunca foi da igrexa nin houbo xuizo nin nada. Todo aquelo fora unha reinvindicación do cura que non chegara a ningures. O adro segue sendo municipal. Por certo non creo que teña que ver nada a escultura coa reinvindicación de Casado Nieto, creo que simplemente é un bo sitio
Pois a mín non me parece bon sitio.
Respeto a este último comentario remitome a idea de ariadna: se esta aí, esta mal; se estivera noutro lugar igual de mal e se non estvera o mesmo...
Un pouco de crítica constructiva.
Por certo as familias dos interesados estaban encantadas co lugar e forma, ... e eu tamén
Eu escarállome, anónimo dixit: Pois a mín non me parece bon sitio.
Pois si que eres ti constructiva e das ideas sobre como mellorar as cousas. Está mal, e fóra.
Seguro que si a asociación que fixo a homenaxe non a houbera feito estariamos criticando pola falta de sensibilidade do Concello cos homenaxeados.
Pero así sodes algúns. Criticades dende o salón da vosa casa fronte ó televexo mentres os demais se esforzan por facedr cousas.
Bautista, insisito:
¿que é o que non entendes da súa homenaxe?
¿a que te refires co que a uns se lles coloque diante e a outros detrás?
Que logo criticas a outros porque non che contestan...
Ah! que me esquecín, outra homenaxe fixose uns días antes coa colocación dunha placa ao lado do cimiterio que pón: «En lembranza de todos os que aquí moran porque grazas e eles galicia ten unha cultura, unha historia e unha lingua de seu. No día dos defuntos de 2007. Concello de Castro Caldelas».
Tamén me parece ben, o lugar, os homenaxeados, a forma, ...
Penso que Bautista igual quere decir que con un tiro mataronse tres pezas.
Calro y si se le hiciera a uno solo, se quejaría de que no se le hace a los otros...
no cementerio descansan moitos "paseadores" que fixeron historia arrincando línguas,collóns e cultura....
Publicar un comentario