sábado, mayo 24, 2008

Estamos no mapa


Ver mapa más grande

Nas últimas actualizacións de imaxes de google maps aparece Castro Caldelas nunha foto dende o aire. Estiven xogando a acercarme, a voar por riba das casiñas do cimadavila e ver aquela casa, aquela leiriña, aqueles espazos da memoria e descubri-las formas dende o punto de vista dos deuses. A densidade dos soutos, a estrada de Monforte que envolve a vila nunha aperta de serpe. As zonas vellas, coas súas cubertas de tella, e as modernas, coas súas cubertas de pizarra. As rúas novas que se foron abrindo... a importancia da estrada principal na configuración do novo Castro. É a posibilidade de unha nova mirada sobre nós mesmos.

No hay comentarios: