martes, junio 24, 2008

dúas noites de contos, no mosteiro de san paio



Para os que xa sabedes que o lobo anda na cama da avoa, se vos pica a curiosidade e queredes saber qué pasará co conto, podedes ir á páxina da asociación amigos de caldelas, O prado. Ahí tedes toda a información. Para os impacientes, avanzo que estamos a preparar o programa "Dúas noites de contos", con Carlos Blanco e Quico Cadaval, para o 31 de xullo e o 1 de agosto. A asociación está en marcha, con moitas ganas de traballar, e aberta a todo aquel que queira sumarse.

Perdoade o misterio, mentres estábamos a pechar o programa non tiña tempo para mais, i eu tamén son impaciente. A intención dos que estamos a traballar nesta proposta é que sexan dúas noites cheas de humor e de maxia.

Tanto Carlos Blanco como Quico Cadaval son dous fantásticos actores, moi coñecidos a través da televisión e o cine pero que levan traballado moito polo teatro en Galicia.

Estas dúas noites cumplen un doble obxectivo, que é o da asociación que as promove: traballar pola recuperación dos espazos públicos e o patrimonio histórico-artístico e tamén natural de caldelas e cpntribuir a dinamizar a nosa vida cultural sumando iste acto a oferta existente.

Dende máis alá do tranformador solicito aos blogueiros de Caldelas que axuden a xerar o necesario eco para que iste acto chegue a todo-los recantos posibles.

4 comentarios:

Javier Diéguez López dijo...

Grandisima ídea, e grandisima oportunidade de dar a coñecer este pedazo de espazo que estaba a punto de ser esquezido totalmente. Entre a próxima rehabilitación do mosteiro e con ideas como esta estas terras teñen que rexurdir.
Gustaría poñerme en contacto contigo para falar máis sobre este tema. Na Abeleda acabamos de crear unha asociación e igual podemos axudar con estes proxectos.
Un saúdo e noraboa.

Bautista Sotelo dijo...

Gracias Javier, a xuda vosa é fundamental. Penso que podemos colaborar, xa concretaremos. Un saúdo.

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

A min tamén me parece unha iniciativa interesantísima. Tanto Carlos como Quico son uns contacontos alucinantes. Agora mesmo porei as datas no blog do pontelouco para que a xente se vaia enterando. A nós píllanos na víspera do festival, pero si hai que axudar en algo... (falo máis ben polos demáis da asociación O irrio porque eu, desgraciadamente perdereime esta fermosa noite e a do festival)

Víctor dijo...

Cae o mesmo dia co pontelouco?