domingo, julio 20, 2008
Dúas noites de contos, faltan 11 días
Todo está en marcha. Os “Amigos de Caldelas” estámos preparando todo para que “dúas noites de contos” teña o éxito que merece esta doble oportunidade: escoitar a Carlos Blanco e Quico Cadaval no adro do mosteiro de San Paio. Alí a carón da porta que da ao sagrado, onde unha imponente escada accede a parte alta do mosteiro, Carlos e Quico, baixo a lúa da ribeira Sacra, nunhas fermosas noites de verán, esperemos que sen choiva, texerán os seus xogos de verbas retranqueiras. O aforo deste espazo é limitado polo que pregamos os interesados que merquen con tempo as entradas no 902 43 44 43 ou na páxina de caixa galicia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
TODO E NEGOCIO....
Vendendo todas as entradas non cubriríamos máis alá do 20% dos custes. O traballo destes destes dous actores é un traballo como outro calquera e merece ser remunerado polo que sorprende a inxenuidade do comentario anterior.
Seguro que o que fixo o comentario anterior cobra ben todos os traballos que fai (como facemos todos/as). Polo tanto, non é de xustiza pagar os traballos dos demais?
O caso e criticar.Parabéns amigos de caldelas.
persoalmente gostaríame saber que ganades moitos cartos coa organización diste evento, así ó mellor o ano que ven preparades outro
Muchos ánimos y suerte para esta bonita iniciativa.
Publicar un comentario