martes, septiembre 01, 2009

Setembro, tempos novos, imaxe transformada


Xa van catrocentas e pico entradas en máis alá do transformador, catro anos na blogosfera, comenza o novo curso, anuncio de máis impostos ao capital, máis solidaridade, cambio de paradigmas, Berlusconi acabará controlando unha parte do pastel mediatico da península, máis redes, máis amigos, nunha sociedade cada vez máis aillada, fortemente individualista, cada vez máis insolidaria. O furacán Jimena ameaza con barrer a Baixa California. Bo momento para facer un cambio de imaxe. Espero que vós guste a foto deste vello transformador, no medio da paisaxe.

5 comentarios:

Saramaga dijo...

Encántame a foto, esa luz decadente, tal vez do setembro? outonal e broncínea, anuncia recollemento e previsión para o inverno, intimidade e segredos de lar e de lareira, pingas da choiva esvarando pola miña cara reflectida no ventanal que abre vistas a ese prado amplo, verde e esperanzador, o outono é verso. Transformador transformado.Disulpen o idem.

Carles Vives dijo...

Muy bueno, el cambio. Se ve bien.

Bautista Sotelo dijo...

Grazas polos comentarios, Saramaga e Carles.

manolita fdez losada dijo...

Entre que non dispoño no Castro de conexión a internet e a atención que me reclaman outras cuestións levo unha boa tempada totalmente desconectada . Agora mesmo acabo de ver o teu novo formato e non quero que falten, pola miña parte, os parabéns por ter sobrevivido , todo estes anos, na rede, ese é o primeiro éxito, pero sobre todo por manter este espazo de opinión e conversa, por ternos ofrecido temas dabondo para propiciar bos debates, algúns ben apaixoantes por certo, por suxerir moitas e variadas propostas, polo deseño, pola fermosura das fotos... en fin que celebro que sigas mantendo aberta esta porta á comunicación e as mensaxes á outro lado.
Unha aperta e que siga a boa navegación.

Bautista Sotelo dijo...

Grazas pola mensaxe, Manolita. É moi xenerosa, como xenerosos son os moitos comentarios teus, durante estes castro anos, cheos de sabiduría, poesía e bo facer no arte do diálogo. Un luxo. Unha aperta.