domingo, noviembre 01, 2009

Hai que votar polo noso castelo


A radio galega no seu program "A Tarde" organiza un concurso para elexir o mellor castelo de Galicia.
Podes entrar na súa páxina e votar. É unha boa plataforma para publicitar Castro Caldelas que debería converterse de feito na capital da Ribeira Sacra. Gañar identidade para que non confundan a nosa vila con outra situadas na raia.

4 comentarios:

alicia dijo...

Está ben esa votación. De todas a maneiras nos sabemos que temos a gran sorte de poder desfruar o castelo, propiedade da Casa de Alba. Sempre estuvo ahí, a marxe de partidos e ideoloxías e moitísimos rapaces de anos pasados xogaron e viviron aventuras nese máxico lugar. Sempre estuvo aberto o pobo e os visitantes, as chaves estaban a disposicion de todo o que quixera entrar. Segue a ser "pra todos" non e propiedade politica de nadie, hay que coidalo e somos moitos os que non estamos dacordo con certas actividades como o célebre pontelouco. Ese festival, ou o que sea, deberia ser celebrado noutro lugar. A agresión o edificio e moi grande e non parece que sea o lugar adecuado para actos de ese tipo.

Anónimo dijo...

Estou dacordo. Pra facer o Pontelouco hai sitios de sobra no Castro e arredores. A restauración do Castelo non creo que fose pensada para iste tipo de eventos. Noite, música, o bar está alí mesmo...Hai sitios nos que non deixan siquera usar o flash. Solo hai que estar alí e velo. A xente, algunha, non respeta nada, dalle igua que sea un monumento ou unha corte, e falo con conocimiento de causa.

Anónimo dijo...

Si que hai qu coidar o castelo para que siga sendo o mellor, ademais de votar para que o saiban todos. Referente o pontelouco a xente pasao ben pero seguramente darialle igual se se fixera noutro sitio calquera. Non creo que a inmensa maioria dos que están alí lle dean importancia a que se faga nese lugar. A verdade e que moitos comportanse coma se estuveran no medio do monte.

Anónimo dijo...

O que non sei e como se autoriza algo así nun monumento. E certo que en moitos lugares nin deixan usar os flashes, o que tamén me parece excesivo, pero ésto daquí e moito. Non sei se como os organizadores son da familia reinante no Castro teñen ese privilexio, Todos recordamos a imaxe na noite do 7 de setembro da familia presidencial vendo os fogos dende o balcon da fachada da casa do concello. Penosa imaxe diante dos veciños. Non se pode olvidar quen se é. E se todos quixeramso subir tamén, co mesmo dereito, ¿que pasaria?