jueves, febrero 04, 2010

Aposta polo casco histórico



Parece que xa está rematada a rehabilitación da casa que se atopa onde nacen as rúas grande e pequena, frente a farmacia do Claudio, encima da antiga frutería da Teresita. Unhas fermosas galerias, recen pintadas polo Pepiño do Grilo, lucían asi de altivas este fin de semán. Este proxecto exemplar foi tutelado pola oficina de rehabilitación integral creada no seu día pola Consellería de Vivenda, na etapa de Teresa Taboas. Según contan está dividida horizontalmente en varias vivendas que serán vendidas ou alugadas a xente nova, con poucos medios.
Foto: Fabiola Sotelo

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Un exemplo a seguir. Fermosas.

Anónimo dijo...

O aluguer ou a compra por qué pra xente nova e non pros dos arredores?

Anónimo dijo...

bonito