sábado, enero 15, 2011

Crónica dunha viaxe rápida a Caldelas


Xa ninguén dubida de que O Castro e, en xeral o rural, vive unha crisis demasiado prolongada no tempo, que ven agravada pola crisis coyuntural actual, e mostra un panorama desalentador. Ou así é como o percibín, máis que nunca, nesta última visita, fai uns días, a miña vila, ao lugar onde nacín, e ao que nunca se debe voltar, como dí a canción de Sabina. Razóns prácticas obrigaronme a ir a este lado do transformador, onde sempre é arriscado voltar.

Xeografía humán derrotada, tendeiros, vinateiros, labregos… salvando algunhas excepcións. Os mais ocupados, os curas, tamén máis perezosos que nunca, non dan celebrado misas e enterrado xente. Dí o Mingos, que ata fan enterros pola noitiña, si, os días son curtos e non dan para nada, enterran aos falecidos pola noite, como verdadeiros proscritos. As funerarias e floristerías tamén viven o seu agosto particular nesta apocalípsis dun mundo a punto de naufragar. La Región e La Voz de Galicia, testemuñas futuras deste naufraxio do rural galego, van cargadas de esquelas. Imaxino a Outeiriño e a Santiago Rey dando saltos de ledicia.

Dixen xeografía humán… sí, a paixase e a intervención da man do home no espazo continúa a ter futuro, se non destrozamos a herdanza dos nosos devanceiros e a sorte de que o aillamento salvase a paisaxe da industrialización. O rural está de moda, a Ribeira Sacra estase convertindo nun gran atractivo para sair das cidades próximas, e as non tan próximas, Madrid cada vez está máis perto. Como un camiño de dobre dirección, un mundo naufraga e outro vaise consolidando ou saindo a flote, lástima que eses camiños non se atopen. Moitas casas abandoadas toman novo dono, o turismo de calidade, a través das súas diferentes manifestacións, vai saindo adiante.

Un exemplo de ese camiño que frorece, hai que decilo, pois correxir erros e esquecementos é de aplaudir, é a recuperación do espazo de O Prado, que está frente a Igrexa. Imaxino o leda que debe de estar a Martina, da ferretería. A fonte foi arranxada e iluminada, e coido que a obra ten calidade.

Nembargantes, si ollamos para atrás, hai moitas cousas que mudaron en positivo, ou así o quero ver eu.

2 comentarios:

Manolita Fdez Losada dijo...

Bautista : Hai uns días escribín un comentario nesta entrada.Ó non velo publicado supuxen que era por ter habilitada a moderación de comentarios, mais como sigo sin velo xa penso que non chegou.En todo caso, e por experiencia, teño por costume gardalos así que non costa nada pegalo de novo tal cual.

**************


Que che parece se, por tratarse do Castro e ser hoxe día de San Sebastián, disentimos do Sabina e os seus peixes de cidade e quedamos coa mensaxe machadiana que dí:" Y algo de nuestro ayer, que todavía vemos vagar por estas calles viejas."
Ás veces, confeso, éntrame o desacougo e auméntanme as ganas , non só de volver , senón de quedarme. Épocas da vida... Porén coincido contigo en que este mal endémico da despoboación ataca, moi duramente ós pobos pequenos en xeral, e ó noso en particular.
Comentábanme,este verán, que hai días que podes ir dende a Pena ó Prado e viceversa e non atopar nin unha persoa. Claro que logo ven o bo tempo e todo queda compensado.

Tés razón quedou moi ben a obra da praciña xunto a igrexa e a rúa que sube ó Toural. Xa no remate das vacacións tiña moi boa pinta pero agora , vendo a túa foto e o resultado final coas arboriñas e a iluminación ainda me gusta máis. Teño a esperanza que fagan algo semellante na rúa que vai dende a miña casa ata a casa da Maribel, hai unha escaleira de pedra ben bonita pero compre arranxar todo o entorno. Eu dende aquí fago os meus votos para que así sexa.

E xa para rematar , recibe os meus parabéns por seguir mantendo o blog. Nestes tempos de desbandada xeral cara a inmediatez das redes sociais non sabes como, os que gustamos deste xeito de comunicación, agradecemos e valoramos a permanencia destes espazos.

Unha aperta e feliz ano.

Bautista Sotelo dijo...

Ola Manolita, gracias polo teu comentario. Sí, teño habilitada a opción de moderación dos comentarios polos insultos e spams... Non vin o teu comentario de fai uns días, hoxe recibino duas veces, non o publiquei ata agora por estar de viaxe.

Unha aperta tamén para tí e os teus.