domingo, abril 17, 2011

Habitar espacios vividos


Espertar nunha casa extraña, cos libros, mobles, cadros, roupa, formas, todo o que una familia con dous nenos vai atesorando ata facer seu un espazo. É a diferencia de esta nova forma de viaxar, intercambiando as vivendas, ca tradicional de aloxarse nun hotel, onde podes vivir moitas emocións, pero moi diferentes a de habitar espacios reais, vividos, construidos lentamente.

Un amigo que viu publicado o noso intercambio con unha vivenda nunha illa do Caribe pregúntame si non me inquietaba deixar a outros a nosa vivenda. Resposteille que non pensara neso, quizás temos certa desafección, non nos importa compartir o noso, que outros o usen. Confianza en que nada pode pasar, necesidade de arriscar, de seguir arriscando, de confiar no ser humán.

No hay comentarios: