domingo, agosto 07, 2011

"O Polico", perfil dun caldelao.

Se non saes nunca de Ítaca vives sempre nos brazos de Penélope, as sereas no Castro son de montaña e a memoria non é tan fráxil. Polico é contemporáneo meu. O 64 deu bo viño e xente coma mín e como él. É das poucas persoas que sempre atopo no mesmo lugar do tempo, o mesmo sorriso e a mesma actitude ante a vida. É Polico porqué xa o era o seu pai. Mentres bebemos uns llintonis no "Listo" e fuma sen parar cóntame as súas conquistas interiores... as cousas de agora e de antes... o que non se ve, o tempo que pasa, máis parece estar detido.

Enviado desde mi iPhone

3 comentarios:

o moncho dijo...

probando... probando...

o moncho dijo...

¡ai! bautistiña...
levo tempo máis alá...
pero ao ver o careto do "polico"
como que me acaba de dar o rauto
de poñer algo no teu blog...
nada... só decirche que sigas... que non "padricas" no deserto, seguro que hay moita xente que esta ao loro do que pos, seguro non, estou plenamente convencido. Perdón polo meu galego... latéi todalas clases...

Bautista Sotelo dijo...

Grazas Moncho, polo comentario e polas túas visitas.