Florencio de Arboiro inaugurou onte unha nova mostra sobre a loucura no Parador Nacional instalado no mosteiro de San Estevo e xa está na rúa unha nova edición de o "Naceiro", o xornal informátivo da asociación cultural "Ben-Cho-Shey, adicada ao mundo do afiador.
viernes, agosto 07, 2009
Florencio de Arboiro, as formas da loucura
Florencio de Arboiro inaugurou onte unha nova mostra sobre a loucura no Parador Nacional instalado no mosteiro de San Estevo e xa está na rúa unha nova edición de o "Naceiro", o xornal informátivo da asociación cultural "Ben-Cho-Shey, adicada ao mundo do afiador.
jueves, agosto 06, 2009
Unha fonte moi erótica

Fonte do arquitecto Álvaro Siza para o parque de Bonaval, en Santiago de Compostela. Un recanto, case segredo, detrás do Museo de Arte Comtemporaneo de Santiago, e do Museo do Pobo galego.
martes, agosto 04, 2009
lunes, agosto 03, 2009
A fermosa voz da Uxía estará en san paio
domingo, agosto 02, 2009
Osorio Castro, dous anos colaborando
Uxía / 13 de agosto, ás 22,30
Federico Mompou en Caldelas

“Un compositor catalán, Mompou, estaba no 1960 en Castro Caldelas e ouviu os carros que ían e viñan na tardiña polos camiños aqueles da beira do Sil, tan alzados, e compuxo Carros de Galicia, unha peza breve, fermosísima. “ Basilio Losada, nunha entrevista a Vieiros no 2002.Na páxina da Fundación Albéniz fálase desta visita con Carmen Bravo Roy a Vicente Risco. Tamén na páxina da Fundación Juan March Antonio Iglesias Álvarez escribe sobre "Paisajes" a obra na que se incluie esta composición de Mompou.
sábado, agosto 01, 2009
viernes, julio 31, 2009
A vila vai para adiante

Nunca hai mal que por ben non veña. Os cartos do Plan España -recursos que o goberno de Zapatero adica a remontar a crisis planetaria- serviron para que o concello do Castro pudera por fin acometer o proxecto de ordenación da praza do Prado. Un proxecto tan desexado e reivindicado tanto desde este blog como desde o blog da Asociación de Amigos de Caldelas, O Prado.

Coas obras que fixo o Concello, o pobo gañou un espazo sen coches nin perigos para estar, un lugar de encontro nun espazo ordeado e de calidade. E os negocios gañan moito, tamén unhas terrazas fantásticas, onde será moito mais agradable atoparse. Con este paso adiante o Castro sitúase na liña dos concellos progresistas que loitan por un uso diferente dos espacios públicos. Parabéns.
jueves, julio 30, 2009
Faltan 14 noites
Uxía, día 13 de agosto, ás 22,30h.

Prezo: 9€ / caixa galicia
12€ / media hora, antes dos espectáculos
CA AXUDA DE TODOS "DUAS NOITES" PODE CONSOLIDARSE.
Foto: Campos
Nun lugar da ría de Noia

Dicía onte un amigo da Coruña que cando voltas aos lugares da infancia, prodúcese certa frustración ao comprobar que a realidade é máis cativa ca imaxe recreada. Este verán acabamos na praia da Aguieira (a praía dos de Santiago, dín), e alí, a 100m da casa que alugan uns familiares, fumos dar un paseo por un bosque de Piñeiros, que morre no mar, como nos debuxos de Castelao, e atopámonos co campamento “Virxe de Loreto”, que aparece na foto.
Neste campamento estivemos Carlos e máis eu no 73, durante un mes. Sempre levei estas imaxes do mar, do lecer a carón da auga, do deporte, da viaxe lexos da familia, como un gran descubrimento. Neste caso, a realidade non defraudou as lembranzas deste lugar. Nin polo tamaño, nin pola beleza. A forza da natureza, as vistas á ría, as postas de sol, esta praía cas súas mareas, son sorprendentes.
miércoles, julio 29, 2009
Capa, o miliciano e Luis de Quintela, no Mnac

Xa hai algún tempo, unha entrada niste blog sobre a aparición da maleta mexicana de Robert Capa xerou certo debate sobre a autenticidade da foto “Muerte de un miliciano”, e sobre o seu significado. Dende o 7 de xullo, pódense ver no MNAC dúas exposicións de Robert Capa e a súa compañeira Gerda Taro, organizadas polo museo catalán conxuntamente co ICP de Nova York. A polémica volta a estar de actualidade nos medios. Un xornalista de “El Periódico”, Ernest Alós, basándose nunha publicación recente dun profesor da universidade do País Vasco que adicou un ano sabático a investigar e que coa axuda dos rapaces dun instituto conseguiu localizar a foto no concello de Espejo, desplazouse a Córdova. Logo de moito buscar e de falar cos mais vellos do lugar, atopou o lugar exacto onde se fixo a foto, púxoa en relación con outras que forman parte da exposición, que ata agora non se coñecían, e logo de investigar e demostrar que nese lugar non houbo enfrontamentos os días que o fotógrafo estivo alí, chegou a conclusión de que o xoven Capa -que tiña imaxes de refugiados saíndo do cercano pobo de Cerro Murriano, pero non fotos de combates- andaba á busqueda desa imaxen que lle faltaba para completar á súa reportaxe e, como non a tiña, montouna. A foto mitificouse e pronto foi o símbolo da guerra civil. Capa pasaría o resto dos seus días xogándose a vida, achegándose moito ao toro, para purga-la culpa da suposta montaxe. A foto que acompaña esta entrada foi tomada no acto de inauguración desta exposición nas salas do Mnac, e o persoaxe da foto e o caldelao Luis de Quintela, coa súa compañeira Roser, que andaba por alí a seguirlle os pasos á memoria da guerra civil.
sábado, julio 25, 2009
Xa están as entradas de "dúas noites" a venda
Uxía / 13 de agosto, ás 22,30

domingo, julio 05, 2009
Uxía e Fred Martins en duas noites de música
Uxía / 13 de agosto

Os amigos de caldelas estamos a traballar na organización de unha nova edición de Dúas noites no mosteiro de San Paio. Este ano estarán adicadas á música, con Uxía Senlle e mais un cantautor brasileiro, Fred Martins. A cita será os días 12 (Fred) e 13 (Uxía) de agosto. Agardamos que veñades todos os amigos do ano pasado mais os que non puderon vir.
Uxía presentará o espectáculo, “A travesía da saudade” , que ela dirixe e que ata o de agora soio presentou en Madrid. Este espectáculo é un percorrido polas músicas de Galicia, Brasil, Portugal, e Cabo Verde. Estará acompañada polos músicos Sérgio Tannus (guitarra, cavaquinho e voz), Sergio Salles (teclados) e Paulo Silva (percusión).
Fred Martins é un novo e premiado compositor brasileiro, representante da Música Popular Brasileira, e esta é a súa primeira xira pola península. Martins acaba de lanzar o seu cuarto álbum, Guanabara.
Estamos a traballar e pronto as entradas estarán á venda a través de Caixa Galicia, como o ano pasado.
miércoles, mayo 13, 2009
viernes, mayo 01, 2009
A OLLADA DO ANDRÉS BALDONEDO

Andrés mostrou os seus avances na pintura ós seus familiares, veciños e amigos cunha exposición no Centro Comarcal Terra de Caldelas que agora remata e, así é como él ve a cousa:
"...Pinto sobre as paisaxes do Castro, os lugares míticos, como a Pena do xastre. Impresionado polo desastres do Prestige, pintei ós voluntarios limpando o chapapote. Os voluntarios, cos seus traxes brancos sobre o mar negro, cheo de chapapote, causaron en min unha forte impresión e quíxenlle facer unha pequena homenaxe. Atrevinme con algún espido, algunha mariña, paisaxes de Caldelas e estudiei as manifestacións da luz e as sombras sobre un pano branco. É a miña primeira exposición e atrévome porque estou en familia e entre amigos e espero que así se vexa."
sábado, abril 18, 2009
O galego é útil

Por un comentario de Manolita soupen do manifesto que promoven en internet uns galegos dende Londres. “O galego é útil”. Xesús Magariños e Inma Gil pretenden desmentir o mito de que o galego só é últil na Galiza. Moitos comentarios dende dentro e fora da Galiza, nos que se poden ler experiencias e anédotas moi curiosas, que mostran a utilidade da nosa lingua. “Unha maneira de gritar obviedades por internet”, din eles. Unha boa iniciativa. Parabéns.








