domingo, enero 27, 2008

Aparecen miles de fotos de Capa da guerra civil



Aparecen as fotos da guerra civil de Robert Capa, desaparecidas dende 1940. Imaxes de persoaxes e esceas da guerra civil española. Foron atopadas pola cineasta Trisha Ziff na casa dos descendentes do xeral Aguilar Gonzaléz, en México.


"¡Es como encontrar el Santo Grial!", comenta Brian Wallis, director del centro: "Conocíamos 500 fotos de Capa de la guerra civil y ahora tenemos unas 3.500. Tardaremos en establecer cuáles fueron tomadas por Capa, Taro o Chim, pero al fin tendremos el panorama completo de lo que hicieron en la guerra civil"

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Noraboa.Funcionou

Anónimo dijo...

A min paréceme unha estupenda noticia, non sei si a comparación "bíblica" é a máis acertada ou non. Por certo, cando lin esta nova no xornal entereime dalgo que descoñecía. refírome ó feito de que hai rumores (xa sabemos, o de sempre, rumore, rumore) de que a foto que ti reproduces do republicano asasinado pode ser unha montaxe ¿Vós xa o sabiades? E que eu non tiña idea disto...

Bautista Sotelo dijo...

Sí, xa o lera, nalgún lado. É posible. Xa sabes, que a realidade non che estrague unha boa nova.

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Como gran afeccionado á fotografía en xeral, e como fan e seguidor de todo aquelo relacionado con Endré Friedman (máis coñecido como Robert Capa) foi para min unha nova conmovedora que se houbese descuberdo estes rollos de fotografías da Guerra Civil.
Capa, cofundador da axencia de fotógrafos máis coñecida do Mundo, Magnum, é o pai da fotografía de guerra.Unha fotografía que retrata as nosas miserias como seres humanos pero nas que nunca se ve unha gota de sangue. Anímovos a que leades algo da sú a biografía, porque é unha historia novelesca e digna de levar ó cine.
Respecto á lenda sobre se a foto de Muerte de un miliciano en Cerro Muraino (Córdoba)é todo un bulo que está totalmente desmontado polos historiadores. O soldado chámase Federico Borrell, a instantánea é a quinta dunha secuencia de cinco r foi realizada o 5 de setembro do 36. Podedes imaxinar o cerca que Capa estaba sempre das balas, así morreu.
Hai un mes visitei Cerro Muriano só por esta foto e a verdade é que se estremece o corpo pensando nesta etapa tan escura da nosa historia

Bautista Sotelo dijo...

Eu non sería tan radical o porme a sombra duns historiadores. Hai moitos casos na historia da fotografía de montaxes e tamén hai moitos historiadores que gustan de fabular tanto como calquera. Capa era un creador ca súa cámara, un documentalista, pretendía contar historias. Que é o importante. Que é verosimil, que ten forza dramática. Que máis da si é montaxe o ou non. A veces a verdade pode ser máis montaxe que o propio montaxe. Si non é verdade representa unha verdade máis grande ca propia verdade.

Anónimo dijo...

Esa fotografía representa moito máis que unha guerra, representa a loita pola liberdade. Para min como imaxino que para Eladio sí é importante si se trata dunha montaxe.
Teño leído varios libros sobre Capa, sobre a guerra civil e sobre fotografía e en ningún hai un só profesional que dubide da autenticidade.
O tema de si é unha montaxe foi creado por xente que de fotografía non sabía moito e que só pretendía desprestixiar o máis grande fotógrafo de acción que deu a Historia

Anónimo dijo...

Eu, que fun o primeiro que preguntei polo da autenticidade da foto, lino nun xornal iste fin de semana e a verdade é que non tiña nin idea dese "bulo/realidade"; en fin, que xa me dou por informado e seguirena considerando como ata agora: unha obra de arte.

Anónimo dijo...

Con esta famosa foto Le baiser dase un caso parecido.Os mozos non son auténticos namorados senón uns calquera que o fotógrafo contratou para a ocasión, nunha rúa de París.Alomenos eso din.

Bautista Sotelo dijo...

Si, creo que hai un documental sobre o montaxe desta foto de Doisneau. Sexa montaxe ou non, o certo é que se converteu nun icono que representaba uns tempos novos, liberdade. Liberdade nas relacións e na súa exposición pública.

Eladio Osorio Montenegro dijo...

A fotografía de "La baiser" de Robert Doisneau, si que é unha montaxe con cartos de por medio. Hai por ahí algunha entrevista a que daquela era unha moza que o confirma. Respecto a tofografía de Capa creo, para os que cren o primeiro bulo que se pode ler nun xornal, que deberiades ler algo máis dos análises que e declaracións de historiadores, compañeiros de Capa, participantes nesa batalla, forenses, etc... e todos coinciden en que Federico Borrell é a persona que aparece nesa foto e morreu nese intre. De todos xeitos, creo que é o de menos.
O que si que pasa, respecto a este tema, é que molestou un comentario de Bautista, e moito.
Refírese amin como radical por defender a autenticidade da foto e non defender a postura do bulo.
Defendo aquelo que creo que é certo, e aínda así podo estar trabucado, pero creo que tan radical é a miña postura como a dos demais.
Espero non caer eu na mesma tentación.
Unha aperta a todas e todos

Bautista Sotelo dijo...

Non era a miña intención molestarte no teu criterio. O teu comentario pareceume moi interesante por facer esa achega sobre o proceso de creación dun fotógrafo que como tú dis ficcionou o seu propio nome. Nembargantes, pareceume que o teu comentario non deixaba lugar a duda e eso sempre me asusta. A posibilidade de estar ante un montaxe, cousa que, se fora certa, dende o meu punto de vista, non lle restaría ningún valor a fotografía.

Non esquezas que non se teñen os negativos, agora falase de que poden aparecer no lote atopado en México e eso podería axudar a aclarar o tema, repito, dende o meu punto de vista pouco importante.
O seu posicionamento a favor do socialismo fixo que viñera a España a servir ca súa cámara. Capa viu morrer a moitos milicianos i é posible que o Sr. Borrel, se non morreu no mesmo acto da foto, morrería pola tarde, ou o día seguinte, que máis da. Cal é a verdade, a verdade é que morreron moitos milicianos, nunha guerra iléxitima. Penso que eso é o que intenta trasmitir Capa. Mil disculpas.

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Totalmente de acordo coas túas aclaracións

Anónimo dijo...

O valor fotográfico está na intención creativa, de facer algo da nada , na mirada ás veces imaxinativa máis previa e rápida que a cámara: a do ollo que capta. A min paréceme que a foto creda ou " recreada" ten valor artístico, para min xa chega.