domingo, julio 09, 2006

Duas Caldelás na cultura


Se ben é certo que hai moitos caldelaos en Barcelona que traballan no ramo da restauración, na construcción, na moda, no negocio dos taxis, dos xelados, afiando pola rúa, avogados, médicos, tamén temos un pé metido no eido da cultura. Neste Blog irei dando conta de todos aqueles caldelaos dos que teñamos novas e que forman unha complexa xeografía humán caldelá, botando por terra a idea de que en caldelas non pasa nada. Neste caso falo da Caldelas que vive máis ala do transformador.

Fai uns días, coincidiron diante do Mnac ás caldelás Paula Canal e Charo Canal, con Ella Sher, unha intaliana que traballa para unha axencia literaria que representa por exemplo o gran éxito editorial "La catedral del mar". As netas da Marina traballan no mundo da cultura catalán, no eido dos libros e dos museos.

Paula Canal é licenciada en filosofía e filoloxía inglesa e leva uns seis anos traballando na prestigiosa editorial Anagrama. Non hai escritor que se precie que non soñe con ser publicado por esta editora. Esta caldelá, que pasou moitos veráns na vila do Castro, é unha moderna executiva da alta cultura dos libros. Enamorada da cidade dos prodixios, non hai acto cultural na cidade no que non se atope Paula e seu prodixio catalán-inglés Daniel Campi. As festas na súa casa do Raval son de máis sona cas de Andy Warhol.

Charo Canal é licenciada en ciencias de la infomación (periodismo). De moi nova traballou na TVG, despois no diario El Sol, colaborou co suplemento semanal do País, coa revista Rolling Stones e foi xefa de prensa do museo Thyssen. Actualmente colabora co Suplemento semanal do Periódico e traballa como xefa de prensa do Mnac (Museo Nacional de Arte de Catalunya). A súa estratexia de comunicación está a dar importantes froitos na visibilidade do importante museo catalán xa que pretende ser o segundo museo máis importante da península, logo do museo do Prado.

No hay comentarios: