miércoles, julio 26, 2006

O espazo da Ponte das Taboas


A principios dos setenta, cando non había ponte, os coches atravesaban a estrada que ía a Mazaira por onde hoxe está a piscina. Os coches tiñan que atravesar o rio e continuar por unha estrada de terra. Entón había poucos coches e o normal era viaxar nas caballerías polo camiño de Valdigrou, que atravesaba a ponte que hai a carón do Muiño do Laberco. A Ponte das Taboas íamos a bañarnos os nenos a un porraca que non cubría máis ala das rodillas.


Hoxe naquel lugar construiuse unha piscina con mesas de pedra para merendar e instalacións para os cativos. A piscina recolle a auga do rio que entra por un lado e sai polo outro. É como bañarse no mesmo rio. O lugar conta cunha frondosa vexetación que protexe dos calores do verán. Auga, polo que puiden comprobar, agora, en xullo ten boa temperatura, e debe de ter algunha propiedade que deixa a pel limpa como o mellor xabón.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

A verdade é que me alegra escoitar un comentario positivo da Ponte das Táboas. Cando vou ó Castro no verán paso ahí moitas horas escoitando as mamás queixarse de que esa piscina é unha porquería, que a de Trives está moito mellor. Creo que non é comparable. Sei que este espacio podería e debería estar mellor coidado, pero por desgracia no Castro non hai quen queira ocuparse do bar da piscina e do seu coidado. Na ponte das táboas non podemos pretender ter unha piscina clorada porque, coma ti dis, verte directamente no río; non podemos ter unha piscina que cubra porque entón necesitaríamos un socorrista e o concello non ten cuartos nin creo que moita xente do castro estivese disposta a ter que pagar por darse un chapuzón. Cando era nena paseino tan ben neste sitio (lembro perfectamente que cando se inagurou foi un acontecemento), que me doe que se fale mal da ponte das táboas, por eso me alegra ler o que ti escribes. Probablemente, bueno, seguro, que é mellorable, pero moitos pobos pagarían por ter un lugar tan fermoso coma este

Bautista Sotelo dijo...

Penso que o espazo é maravilloso. O da auga directa do rio, se non se contamina, é un luxo e quizás non sexamos moi conscientes do seu valor. Dentro dun tempo poder bañarse nun rio ou nunha piscina con auga de rio será ainda máis valorado.

En Porto, a carón do mar hai unha piscina que fixo o gran arquitecto Alvaro Siza na que entra a auga do mar e non se sabe de ninguén que protestara. Un saúdo.