jueves, agosto 10, 2006

Que chova...!


Lume, máis lume, quen queira que sexa está arrasando a nosa riqueza natural. Non hai suficientes medios para tantos incendios, de tan grandes proporcións, en zonas de difícil acceso e en multiples puntos da xeografía galega. Para istes pirodelincuentes que chova, da igual arrasar o patrimonio natural, confudese o estomago ca cabeza.
Que chova pronto para que pare esta loucura.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Noraboa polo teu blog. Pareceme fantástico e un luxo para Castro Caldelas. En canto o lume nos montes, non deixedes de leer a Xosé Luis Barreiro, hoxe na Voz. A conclusión é moin sinxela: algún, o conselleiro do rural e o Quin, pensaban que a eles non lles iban queimar os montes, e os montes queimasen en Galicia dende finais dos sesenta, goberne que goberne. O Suárez Canal reduxo un 34 por cento as brigadas, fixo una rede clientelar do BNG, non estaban formados, e un pouco mais queimanos a casa a todos. Esto é como cando lle deixas por primeira vez oconducir o coche o teu fillo. Hai que asumir responsabilidades e deixarse de convocar os intelectuais de cabeceira para que fagan unha fumareda mediática falando de conspiracións ou resistencias o cambio.

Anónimo dijo...

As noticias son terribles. Seguramente hai unha suma de factores nesta situación. Espanta pensar nunha trama organizada, terrorismo puro e duro, igual que poñer bombas. Intereses particulares, políticos, especulación urbanística. En todo caso ésto é unha especie de suicidio. Os que queiman o monte, tolos ou non, especuladores, rabiosos, son terroristas.

Anónimo dijo...

Xa meu amigo, pero os montes arden en Galicia dende hai moitos anos, e este tocaballe o BNG procurar que non arderán tanto. Supoño que os bloqueiros pensaban que a eles non lles iban prender lume nos montes, pois tamén. Que decepción, verdade, cando vemos que Pérez Castrillo desgoberna Vigo e fai un plan de urbanismo que lle vale o PP, ou cando a Xaime Bello e a Quintana gustalles mais sair nas fotos que a Terelu Campos, ou que a Suárez Canal o seu sectarismo dalle como resultado mais de 70.000 hectáreas de monte queimado. Resulta que os do BNG no son unhos anxos, dempois de pasarse vinte anos inoculando odio na sociedade galega. Esta moi ben toda esta cura de humildade.