martes, septiembre 05, 2006

Diego Rodriguez, o home do café


Fai uns días faleceu Diego Rodríguez. Un Caldélao de adopción que fixo bós amigos na vila.
Era un habitual das partidas no Caldelas, onde disfrutaba da complexidade psicolóxica dunha partida de pocker. Nos últimos días da súa loita vital viñeronme a visitar ecos da vida deste broker moderno, con olor a café, que viviu a cabalo entre España e Portugal.

Os seus pais, dende facía anos, establecéranse na cidade de Lisboa, cunha tenda de pasteis, cerca do Chiado. A vida da postguerra na cidade lusa, lonxe do pobo de Covelo (Pontevedra) que os seus pais abandoaran, resultaba doce. Ainda que resultaba un gran esforzo para súa familia, foi enviado a estudar ó exclusivo colexio español de Lisboa.

Dende moi novo tivo que cabalgar con pesadas lembranza nas súas alforxas. A pesar de eso, nas cartas que a vida lle repartira como mínimo levaba unha escada de trévoles do mesmo coor. Nos sesenta estivo en Londres para estudar inglés, evita-lo servizo militar e esquivar a posibilidade de que o azar o levara a guerra de Angola. Estudaba e gañabase a vida traballando nun club no que os clientes máis habituais eran famosos actores, que apuraban o máximo o sentido da vida. A principios dos 70 voltou a España, estableceuse Madrid, casou con Mercedes Canal e tivo dous fillos, Diego e Marcos.

Na praza do Comercio de Lisboa Diego recollera o espiritu dos grandes comerciantes portugueses que importaban e
exportaban ás indias. Decidiu adicarse a mercadear co café de ultramar que vendía os grandes tostadores españois, portugueses e italians. Pódese decir que gracias a Diego (o noso Juan Valdés), que seleccionaba e importaba os mellores cafés de ultramar, tomábamos café de boa calidade en España. Ainda que él confirmaba o dito de que en Portugal tómase millor café que en España, acostumbrados como estamos aquí á purrela do torrefacto, por culpa da escasez, nos tempos da postguerra.

Lembro moitos momentos compartidos con Diego na época na que eu entro en contacto ca familia de Charo. Cando festexo a Charo, cando disfruto sentado a carón da Fé, no zenit da súa vida. Cando coñezo a Marina e a toda a familia. Cando Diego e Mercedes lle daban un pouco de glamour a vila, ou así o vía eu.


DEBATE/PEATONALIZACIÓN CALDELAS
200 firmas pola peatonalización

3 comentarios:

Anónimo dijo...

As miñas condolencias polo pasamento de Diego Rodríguez.Teño a certeza que no lugar onde vai xogar as próximas partidas seguirá dando mostras da súa cordialidade.

Anónimo dijo...

Moitas gracias Alpha. Seguro que será así. Soio engadir que o próximo sábado, en Covelo (Pontevedra), haberá un funeral ás 12'30h.

Anónimo dijo...

Moitas gracias Alpha. Seguro que será así. Soio engadir que o próximo sábado, en Covelo (Pontevedra), haberá un funeral ás 12'30h.