sábado, septiembre 02, 2006

A raza caldelá


Iste blog é un territorio imaxinario de Caldelas. Para mín é unha prolongación do seu espacio real. É un caderno de notas persoal, aberto, que comencei en marzo, por influencia dun amigo pioneiro no mundo dos blogs. Cando marchei de Galicia, non queimei os meus barcos. Ata fai moi pouco votei sempre en Caldelas e manteño o meu enderezo alí, non sen problemas. Interésame moito o que lle poida pasar ó Castro e preocupame tamén o derrotismo da xente e a falta de ambición.

Móvome pola responsabilidade como cidadán. Estar fisicamente ou non nun lugar? ¿qué importa?... O meu blog é un espacio de caldelas, unha praza sen portas. E por ista praza, sen coches, nen ruidos, onde a xente pode opinar libremente, veño a miudo. E, se o meu medidor de visitas non se voltou tolo, hai unha media de unhas 70 persoas que entran diariamente, o que me anima a seguir e é unha mostra de que non todos os caldelaos andan dormidos polo mal da altura.

Nos días que puxemos en marcha a iniciativa da peatonalización, como unha primeira pedra para reaccionar contra o abandono xeral que sufre a nosa vila, recibín ataques e presións varios, entre eles o dun herdeiro do rei das bicas, que se meteu nunha conversa sen ser invitado e me interpelou con moita agresividade. Preguntoume que porqué eu ?montaba ese lio, para uns días que pasaba por alí?? un universitario que confunde o bandullo ca cabeza?.é triste. Pero soio é unha anécdota, a reacción de unha das persoas que se sinten, sen xustificación, perxudicadas pola nosa iniciativa, e que responde tamén a idea de que sempre ten que haber intereses e motiviacions persoals detrás de cada acción. En todo caso, esas reaccions, como outros comentarios, son unha mostra da pouca cultura democrática dalguns sectores da vila. Pero tanto ten porque, cando te moves, sempre te arriscas a ser criticado. Era de esperar que, en terra de afiadores, as linguas estiveran afiadas. En todo caso, reconforta leer os vosos comentarios, ver que hai debate libre, intelixente e ambicioso, non mediatizado polos que poñen as copas.

DEBATE/PEATONALIZACIÓN CALDELAS
200 firmas pola peatonalización

1 comentario:

Anónimo dijo...

Están apapahostiados de tanto doce. É a venganza da bica.