domingo, diciembre 10, 2006

Matilde Sotelo, unha Bilbiricha de 83 anos


Antonte a Matilde cumpriu 83 anos e celebrouno cun xantar no que estiveron unha boa parte dos seus. Quen nós dera estar alí. Para o vindeiro cumpreanos intentaremos non faltar. O ano pasado, o regalo máis interesante, foi unha manta especial para torear os duros invernos. A abóa vive na Airexa, na mesma casa onde naceu. Nun mundo onde todo muda tanto costa imaxinar unha persoa que leve toda a súa vida mirando dendo o mesmo punto de vista. A súa casa non ten calefacción e no inverno, cada día, encende o lume para quentarse e afuma-los chourizos. A súa casa é como un barco que leva surcando os sete mares e sen grandes cambios. Nada no 1923, en plena república, orfa os trece anos, rica herdeira en lameiros e vacas, leva vivido moito, cunha saude forte e un humor a proba de traxedias.

Os seus fillos sentaron na mesa do comedor, presidida polo retrato da familia que lle fixo o meu pai cando andaba a festexa-la miña mai, alá polos 60 e que é un dos iconos que preside as casas dos fillos.

Iste ano os presentes deron conta dun año entre outras viandas. O Antón cantoulle por teléfono o feliz cumpreanos á bisabóa e esperemos que cumpra moitos máis e que siga a saltar os muros de Mazaira con tanta disposición e poida viaxar moitas veces a Nova York a ver o seu fillo Domingo e ir a peluquería de Queens ca súa nora Nélida. Un bico moi forte para a Bilbiricha.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Mis mas sinceras felicitaciones.
Happy birthday!

Anónimo dijo...

Felicidade Sra. Matilde

Anónimo dijo...

Carallo, e din que ainda salta as marcaxes dan fincas.

Anónimo dijo...

Vamos a darlle a volta e decir que cumpre 38 pois a sua vitalidade, alegria, e ganas de vivir non amosan 83.Felizzzzz Felizzzz cumpreanos!!! con todo o cariño de toda a sua familia que tanto te quere e admira.
¡Felicidades avoa!

Bautista Sotelo dijo...

Moi boa idea Romina. Bicos.

Anónimo dijo...

a miña aboa matilde e unha señora con moita vitalidade,e sempre aa encontraras alegre a pesar de todo o que ten pasado.Sinto non haber podido estar o seu cumpleanos.pero mandolle moito bicos e un abrazo enorme,con moito cariño deo seu neto Andres.