lunes, marzo 26, 2007

E o turno dos veciños, hai que move-lo peto por ELENA




Nunca tantas veces soara o nome de Castro Caldelas, agora tocalle o turno os veciños, hai que move-lo peto pola Elena.
Envia FAVORITO ELENA ó 7788, ou chama 905411541 ha dejado un nuevo comentario en su entrada "Elena Pérez, unha estrela para a Terra de Caldelas...":

Boas, o concurso "Son de Estrelas" no que CALDELAS está representada por Elena está na segunda fase, da que xa se emitiron 2 programas dun total de 11 que terá.
Esta fase é un sistema de liguiña parecido ó do futbol, compiten nela 12 comarcas e enfrontanse entre elas como si fose un partido de futbol (6 enfrontamentos cada semana de 2 comarcas).
De cada enfrontamento un xurado decide si ten un gañador que se leva 3 puntos (o perdedor ningun); ou si hai un empate, neste caso leva 1 punto cada un. A estes puntos que van tendo cada semana sumanlles os puntos que tamén lles dan os votos du publico por telefono 3, 2 ou 1 segun os votos de cada semana; é o final o que máis puntos teña gana o concurso.
Na primeira semana Elena e 3 máis estaban de primeiros con 3 puntos, 4 de segundos con 1 punto, e os outros 4 con 0 puntos.
Despois da segunda semana, vai en cabeza unha rapaza con 8 puntos, 2 de segundos con 4 puntos, e Elena con outros concursantes con 3 puntos na terceira posición.
Elena faino moi ben, o certo e que está deixando o pobo en moi bo lugar, tendo en conta que non recibe ningun punto de votos por telefono (que son os que deciden o ganador, xa que unha persoa podese levar 33 puntos de votos en total sin ter ningun mérito). Quero dicir que ainda que ela gane todos os enfrontamentos que lle quedan, acadaria un total de 30 puntos; e podese dar o caso de que outra persoa sin ganar ningun enfrontamento teña 33 puntos que lle deron via votos por telefono.
Todo isto ven a que temos que apoiala, a que temos que rascar un pouco o bolsiño e mandar algún sms ou chamar por telefono (cousa que se pode facer desde calquera sitio)
O telefono para votar é 905411541 ou tamén enviando unha sms o 7788 co texto: FAVORITO ELENA
Os votos hai que facelos desde o Sabado as dez da noite ata o luns as cinco da tarde. Pídovos a todos os veciños do pobo a que chamedes e votedes todas as semanas as veces que poidades, e que llo digades a toda a xente que coñezades para que sexamos máis a votar e así lle podamos sumar algúns puntos a Elena que nos está a representar a todos.
Cada pouco irei contandovos como vai a cousa.

BAUTISTA, Graciñas pola páxina, e anima a xente a que participe votando

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Ahora mismito me pongo a votar como looooooooooooooca

Anónimo dijo...

Moi boas a todos, o nome de CALDELAS segue a ser nomeado na Tvg.
Esta semana ELENA recibiu a sorpresa (cada semana, un concursante recibe unha sorpresa); consistiu nunha actuación do grupo ARIÑOS DE CALDELAS, unha muiñeira acompañada por un bailarín de break-dance, """IMPRESIONANTE""", algo ó que nos teñen xa acostumados os irmáns de ELENA. A xente quedou "alucinada"; pero máis alucinado quedei eu cando lle deron un empate (significa 1 punto) despois de cantar unha canción de Pimpinela de maneira maxistral, pero así é este concurso.
Ben xa levamos 3 semanas de concurso e a situación de ELENA vai a peor, despois de comezar en cabeza a primeira semana, pasou ó terceiro posto na segunda semana, e logo desta semana está de octava con 4 puntos.
Non pensedes que esto é por malas actuacións, todo o contrario, ela borda os temas, pero o sitema de votos por telefono non lle favorece nada. Un exemplo, o concursante de Ferrol, vai de segundo con 7 puntos dos que 6 son de votos por telefono e 1 de méritos, mentras Elena so leva 4 puntos de méritos. Esto amosa duas cousas; unha que non ten máis posibilidades de gañas o que mellor o fai, senon o que máis chamadas recibe; e outra cousa e que as chamadas fanas os veciños para apoiar ó representante do seu concello. Pois neste punto e onde nos temos que mover todos, así que xa sabedes, mandade unhas sms ou chamade para votar, necesitamos o voso apoio.
"""Outra cousa ó CONCELLO e á concelleira de Cultura, a ver si nos movemos un pouco pola xente que defende o nome do pobo por ai adiante. Podese facer algo máis."""
Noraboa Bautista.

Anónimo dijo...

La conselleira de cultura se moveria si fuera para su hija como ya hizo y le descrubierom los de la oposición aun asi cobro varios sueldos sin trabajar.

Anónimo dijo...

SUERTE ELENA,POR LO MENOS TIENES VALOR Y SI SALES ADELANTE NO SE LO DEBERAS A LA CONSELLERIA DE CULTURA DE TU PUEBLO ,PERO CUUIDADO QUE SI GANAS YA SE LUCIRÁ !QUE VERGUENZA DE PERSONAJE!