domingo, marzo 18, 2007

O Pazo do Couto


Un desvío da antiga carretera que pasaba polo Couto e ía á Abeleda fixo que a antiga casona dos Taboada quedase agazapada e retirada da vista dos transeuntes. Se non sabes que está alí, iste caseron de dimensións importantes pasa desapercibido. O pazo dos Taboada atópase no Couto, nunha suave pendente da ribeira que lle permite abrigo e perpectivas. Perspectivas para divisar os seus antigos dominios …San Paio, Santa Tecla, Abeleda…

Dín que a familia dos Taboada estaba emparentada cos Condes de Valladolid e rivalizaban cos de Lemos. Eran donos de varias casonas da vila e din que o seu dominio en terras era extraordinario “…podían viaxar varios días e non dormir nunca en casa allea”. Os Taboada eran uns dos principales protectores do mosteiro de San Paio e participaban na elección do seu abade. O último morador do pazo, herdeiro xenético dos Taboada, despois de estudar astrofísica, mudou o seu interés polas estrelas e instalou o seu observatorio nun torreón ateigado de libros e algún ordenador, como única conexión co universo exterior. Dende a súa atalaia, Luis, en lugar de escudriñar o espacio infinito, investiga o pasado, o seu pasado. Excava no sotano, abre portas noutro tempo tapiadas, descubre cabidades esquecidas, atopa balas de cañon e descubre que os seus antepasados tiñan dereito a administrar xustiza e por iso a aforcar, se era preciso. E, cos seus medios, mantén a flote ista máquina do tempo que ten os seus orixes alá polo século XIII. O Pazo soio saiu do patrimonio familar cando un antepasado seu, do mesmo nome, botou man del como prenda e atreveuse a xoga-lo ás cartas. Anos mais tarde Don Ricardo logrou recupera-lo e ata agora.

O Pazo do Couto atópase en bastante “bo estado”; necesita manterse a salvo das pingueiras para que non se dañe a súa estructura de madeira. Quero decir que non sufriu ningunha adaptación burguesa que lle dera un aspecto versallesco e por isto quedara desposeido do seu valor patrimonial, como testemuño dunha época.



O Pazo ten o aspecto de fai séculos e é un bo exemplo dun pazo da fidalguía da época. Conta cunha impresionante bodega equipada con grandes cubas, que non sei se hoxe se poden utilizar, pero sorpenden polas suas dimensións. Luis anda ca teima de experimentar co viño e xa fai un xenérico que, como decía Álvaro Cunqueiro, “vale para acompaña-lo cocido”. Unhas viñas ben situadas nas ladeiras do Sil e un traballo no que Luis está a poñer tanta paciencia e pasión augura un resultado de moita calidade. Noraboa pola iniciativa e por manter a flote iste vello barco.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

O Pazo dos Taboada atópase no Couto (San Paio), no Ibedo que eu sepa, non lembro que tiveran pazo ningún. Si o tiñan no Pacio (Santa Tegra) e teñen capela propia na Igrexa de San Paio donde están enterrados algúns membros da familia Taboada, entre eles D. Ricardo Taboada. Gracias

Bautista Sotelo dijo...

Gracias, pola corrección. Tes razón que o Ibedo e un lugar que está máis arriba.

Javier Diéguez López dijo...

Grazas Bautista.
Moi boa anotación no blog. A verdade que ten que ser impresionante ver esa adega que ten no seu interior, que xa teño oído eu que as cubas son xigantescas.
Teño que poñerme en contanto con Luis, para poder facer eu un artigo na web de Abeleda.
Un saúdo.

Bautista Sotelo dijo...

Teño moi bo recordo da visita e da amabilidade de Luis. Agora, ollo co can... A adega sorprende moito. Pode que fose a actividade máis importante desta casona. un saúdo

Javier Diéguez López dijo...

Grazas de novo, a verdade que coñezo a Luis de vista, pero xa me tiñan dito que seguro que me mostraría a casa sen ningún reparo. O can xa o coñezo, teño levado algún susto que outro cando vou dar os meus paseos dende Abeleda o Ivedo.
Desde aquí animote a que sigas sacando reportaxes da comarca. Dende logo non teñe desperdicio ningún.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

Hace varios años ya, tanto como 7, estando de copas una noche con Luis, en un pub de Vigo (El Alma), surgió la idea de implicarnos en ese viñedo. Eramos 3 locos, Paco, Luisa y Martin. Y así fue que comenzamos a desbrozar, a confeccionar espalderas, a vendimiar, y por que no decirlo tambien, a pasar noches de frío increible durmiendo en esa casa, donde el aire entraba por doquier. A cambio, eran momentos mágicos al lado de la chimenea, copa de buen brandy por medio. Noches gastronomicas en las que a veces venían otros amigos de visita, y yo (como buena cocinera), me encargaba del "jabalí con frutos secos" y manzanas salteadas. Siempre con exquisitos postres y buenos vinos, de casa ... o no. Abiertos a la gastronomia, a la enologia, y a los planteamientos existencialistas.
Realmente tengo un excelente recuerdo de desayunos con leche recién ordeñada que nos dejaba Carlos, de jornadas de trabajo de fin de semana en la viña, y de noches frías de charla, pegados a la chimenea, participando los 4 en una especie de "terapia de grupo".La aventura duró unos 2 años, y por diversas cuestiones personales, hemos dejado de ir.
Dejé mi recuerdo en el viñedo, en la fuente, un azulejo "sevillano" de la virgen de la Macarena.
Llevo esos dos años grabados en el corazón.
Un saludo
Luisa

bautistasotelo dijo...

Gracias Luisa por compartir con nós ises momentos.