martes, mayo 01, 2007

Gran acto cultural no Castro



Tiña pensado escribir algo sobre esta foto. Situar os persoaxes locais da época asi como falar do acontecemento que traía a un relevante persoeiro da historia de Galicia ó Castro. Cando ía empezar pensei que era mellor deixar que esta entrada fose escrita entre todos.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

o acto é nun cine.

Anónimo dijo...

O persoeiro parece Don Ramón Otero Pedrayo.Eu a lo menos, nesa época ,non debía atoparme no Castro porque non me lembro de nada.A foto é entrañable ¡ moitas das persoas que aparecen nela xa non están con nós!

Bautista Sotelo dijo...

si, é don Ramón.

Anónimo dijo...

Na foto vese os mestres Don Daniel e Don Santiago.

Anónimo dijo...

Yo reconozco a María Teresa Cortón en la primera fila y, justo detrás de D. Daniel, a Cachí de la farmacia y a su esposo al lado (por cierto, el hijo se parece mucho)

Bautista Sotelo dijo...

O lado do Pepe e da Cachí está Manolo Casado Nieto, se non me equivoco. Era verán e debía estar moi animado o Castro.

Anónimo dijo...

Nos reconocemos o Paxaro azul, na quinta fila, e tamen a Maite Vazque de pé, o seu lado o Pedro Paxaro e a Ramona do Luis Panadeiro.
Iste cine nunca debeu desaparecer.
Lembrome do cine sendo nena e que nunha ocasión nevara tanto que os nosos pais tuveron que levarnos a "carramulas".

Bautista Sotelo dijo...

As fotos foronme facilitadas por D. Daniel, o maestro.

Bautista Sotelo dijo...

Según me comentou Daniel o acto facíase en homeaxe a Risco. Facía pouco tempo que morrera e o seu amigo Otero Pedrayo daba un conferencía na súa lembranza. Imaxino que a incombustible María Teresa sería unha das promotoras. Risco morreu no ano 1963.

Anónimo dijo...

tamén se ve a Ruth (Familia Carballo) que levanta a cabeza buscando o orixen da foto.