sábado, abril 28, 2007

Cando "os guerrilleiros" andaban polo Sil


Fun coller un libro de unha estantería e cairon unhas fotos. Sorprendeume esta que vedes. Un recanto do Sil, perto da ponte. Penso que foi no 86 cando, xunto con Lalo (do Bodegón), fumos ver na súa barca o lugar onde se agochaba o exercito guerrilleiro do pobo galego ceibe. Antón Curto, de Monforte, e os seus atoparon nestas paisaxes a similitude romántica cas selvas lacandonas. Dende iste lugar soñaron a independencía de Galicia. Alí tiñan o seu refuxio logo de porlle dinamita as torres de alta tensión de Fenosa. As súas accións de máis sona foron a morte dun garda civil e a voadura do chalet de Fraga en Perbes. Nun lugar de pouco movemento como as ribeiras do Sil, non era facil manter o segredo e non levantar sospeitas. A policía e garda civil pronto deu co lugar onde se agochaban e pouco durou a aventura.

14 comentarios:

Javier Diéguez López dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Javier Diéguez López dijo...

Lembrome eu dese episodio na Abeleda. Acordome que unha noite ou dúas antes da súa detención houbo moito movemento de coches polo camiño da miña casa, estrañounos moito, tanto aos meus pais como os veciños, porque é un camiño que vai dende a praza do Pombar ata as viñas da Peza do Rei, e daquela non tíña saída, pero creo que nadie lle comunicou nada a Garda Civil. Dalí a un ou dous días enteramonos da noticia.
Houbo comentarios de que tiñan plans para voar a Ponte do Sil.
Un saúdo.
www.abeleda.es

Anónimo dijo...

Sería para evitar que os mozos de Caldelas foran tras das mozas de Monforte.

Anónimo dijo...

Río arriba a uns 1000 m mais ou menos na marxe de enfrente atópanse as covas que empregaban o Mario de Langullo e os seus, os derradeiros maquis da posguerra

Bautista Sotelo dijo...

Por onde se accede esa zona senon vas en barca...?

Anónimo dijo...

,,,

Anónimo dijo...

Me gustaria poder decir que estos "guerrilleiros" eran CRIMINALES pues muchos de ellos mataron gente y que NO hay que justificar ni aolaudir sus fechorias como las que cometieron O MARIO y su pandilla en los años 50 y 60.
Por ciero para acceder a las cuevas dos fuxidos si se puede4 ir por tierra por unos caminos que hay.

Anónimo dijo...

Se non me equivoco hai dúas covas onde estivo escondido o Mario. Ás de arriba é relativamente fácil acceder, agora non lembro ben si desde Susaus ou Vilarellos, hai unha pista que te deixa ó lado dun pinar e logo toca baixar entre os pinos. Eu misma fun capaz de chegar e fai anos fixemos unha excursión con cativos de 10 anos que tamén chegaron. Ás covas de abaixo, polo que me contaron, é máis difícil acceder pois o terreno é moi escarpado. Sei que con estas explicacións que dou ninguén poderá chegar alí, pero podo pedir que mo expliquen mellor e cóntovolo. O malo é que xa roubaron case todo o que alá quedaba.

Bautista Sotelo dijo...

Descubrin o cine neste local. Non lembro que era o que se proxectaba. Quen me dera...Estaría ben que alguén nos contara de películas que se viron alí Cando pechou. Penso que se chamaba Quino o que levaba o cine. Tamén estaría ben saber de alguén que se lembrara do que dixo Don Ramón sobre Risco.

Javier Diéguez López dijo...

As covas do Mario, hoxe en día xa están moito máis complicado de chegar que fai uns anos. Eu estiven alí fai ano e medio e entre que as señalización de senderismo que había xa casi non se ben, e a maleza que desbordan os sendeiros fixosenos moi complicado chegar. Non fai falla chegar ata Susaos nin Vilarellos, dende Abeleda chegamos as Penas de Matacas en Paradela, e seguimos a estrada que vai ata Vilarellos, dalí a un pouco atoparemos unha pista forestal que pon o nome dun Mirador, agora mesmo non me lembro cal, collemos esa pista e antes de chegar ao mirador hay un pequeno desvio da pista que non ten saída, dende ahí teremonos que aventurar ladeira abaixo. Para orientar a xente que queira ir, as covas dos fuxidos quedan case enfrente dunha casa que se ve no cima da ladeira da montaña que hay no outro lado do río Sil. É unha casa creo lembrar que esta de ladrillo ou pintada de cor laranxa.
http://www.abeleda.es/cercanos.htm. Neste enlace puxen unha foto das casetas que tiña o Mario de Langullo. Preto desa caseta, esta a entrada dunha cova que se mete na rocha, pero para entrar hay que ir arrastrado polo chan e se non sabes a donde entras seguro que o pensamos dúas veces. Eu concretamente non entrei. Pero si teño coñecidos que o fixeron.
Espero vos sirva de algunha axuda.
Un saúdo
www.abeleda.es

Anónimo dijo...

Eu xa hai anos que non vaixo, polo que non sei como estará o camiño na actualidade. Pero a primeira vez que fun, xa hai máis duns doce anos, non estaba desbrozado e dimos baixado.
Para chegar, o mellor camiño é por onde dí Javier, na estrada de Paradela a Susaus (cimiterio) hai unha sinal que indica as penas do Xabrego, uns cen metros máis adiante á esquerda, e uns 500m maís adiante hai un sinal que pon covas dos fuxidos (falo de memoria). Por este último camiño só se pode ir a pe, e é dunha pequena baixada, ata que se chega á Ladeira, e aí a vaixada é moi considerable (e a subida ainda máis). Ó pé da cova de arriba (que é a que é cova, xa que a outra como podedes ver nas fotos que ten Javier, non é maís que galponciño) hai unha cerdeira, cousa bastante atípica nese lugar, así que se vamos na época das cereixas é sinxelo chegar.
A primeira vez que estiven, había moitas cousas, medicamentos, pilas, palla para a cama, un trepés(que si non me confundo é o que est´´a no museo etnográfico do castelo), ... pouco a pouco, van quedando menso cousas.

Javier Diéguez López dijo...

Moi ben detallado. Eu indo moito máis recente xa non me lembraba dos nomes.
Ainda que nós non vimos ningún cartel na pista que indicase o camiño das covas, igual se nos pasou por alto ou algún que non tiña que facer e o sacou.
Grazas Juan Luis, un saúdo.

Anónimo dijo...

Picabame a curiosidade, e onte baixei ata a cova.

Máís ou menos as explicacións son as mesmas, pero o sinal do que falaba eu, que si que existe, está mal colocado (debería estar antes, nun camiño de carro, que hai uns 300m. antes, por onde van as divisións das cortas, é dicir si vas por el irás vendo un caleños a ambos lados que poñen 19 e 20), ata chegar unha especie de mirador, onde comeza a baixada (que por certo aínda queda uns dos sinais nun pino) e si baixas por esa vagoada chegará un momento onde hai uns dez castiñeiros pequenos, e é aí, onde hai que apartar (por certo hai outro sinal).
Entre subir e baixar, levoume pouco máis de 40 minutos. Dificultade alta pola costa.

Anónimo dijo...

Meu pai coñeceu ao Mario de Langullo. Cóntame meu pai, que unha vez o Mario roubóulle unha ovella a unha vella a punta de navalla, e que despois duns anos o mesmo Mario levoulle cartos á mesma vella para que mercara outra ovella.
Cona, isto parece un trabalinguas.