
Unha pequena editorial en lingua galega empeza a andar. Quere especializarse na publicación de libros de arquitectura, fotografía, deseño, arte, viaxes e ensaio. Nace en Castro Caldelas, alí onde se atopa unha parte importante do noso vínculo con Galicia. Foi constituida antes do verán e agora, nestes días do outono, chega as librerias o primeiro libro.
Detrás deste proxecto está un pequeno grupo de profesionais, de diferentes eidos, nos que coincide o desexo de axudar no proceso de normalización da lingua e da cultura galega, e entre os que nos atopamos Charo e máis eu, que temos a responsabilidade de dirixilo. Logo de anos de maduración do proxecto, botamos a andar esta iniciativa cultural en Galicia. Para mín, o mundo da edición non me resulta alleo, pois puden ver nacer e dende novo colaborei co meu tio Olegario e tamén coa miña irmá Fabiola no seu proxecto editorial. Moi activamente, alá na metade dos oitenta en Sotelo Blanco, cando a editorial iniciaba o seu camiño en Santiago. E logo, na primeira mitade dos noventa, xa en Barcelona, en Ronsel. A pegada deses anos foi profunda…o exemplo de Olegario, a súa forza e valentía, a toma de conciencia da identidade galega, da necesidade de axudar na normalización da lingua e cultura galega, de traballar por unha idea de Galicia, pasou a ser un obxetivo polo que loitar e ao que adicar unha parte da nosa enerxía. Para mín, verlibros é un recuncho mais de “Máis ala do transformador”. Para Charo, que leva vinte anos adicada ao periodismo e á comunicación cultural, que colaborou con editoriais como Círculo del arte e que traballa no mundo dos museos, é unha extensión do seu traballo. Así que o noso é un proxecto pequeno pero grande en ambicións.


Pronto chegarán outros libros de fotografía, de viaxes, arquitectura e arte, nos que andamos a traballar. Este é un vieiro que vamos a percorrer lentamente, artesanalmente, para poder degustar o sabor das cousas pequenas e ben feitas.
A través da nosa páxina e do blog que agora encetamos iremos dando conta das xeografías que se tracen nesta aventura.
11 comentarios:
Enhoraboa Bautista, pola iniciativa. Oxalá vos vaia todo moi ben. Escoitar que unha empresa nace no Castro e unha gran nóva para tódolos caldelaos.
Agora que publiquedes moitos libros.
Un saúdo.
Xavier.
www.abeleda.es
Gracias, Javier
Moita sorte e que as fadar vos acompañen na vosa, agardo que longa e exitosa, singladura.
Un namorado dos libros
Esta sí que é unha noticia estupenda, eu tamén me uno á noraboa.
Gracias a anónimo e a Anita
Vaian, ademais dos parabéns pola vosa decisión, os meus desexos de que todo o que con tanta ilusión e entusiasmo facedes, acade o recoñecemento e acollida que se merece.Noraboa de corazón por ese de seguro merecido éxito.
Enhorabuena!!!:)
Jaime
Enhorabuena, Bautista y Chari,caldelaos emprendedores como vosotros es lo que necesita Castro.
Me admira la capacidad que tenéis de hacer tantas cosas interesantes Un abrazo.Carlos C.A
Parabens!!! Bautista pola defensa e amor que con que mimades a cultura galega e moita sorte neste eido que como tódolos demáis nos que traballades vai ser un éxito deseguro.
As musas estarán encantadas con vós!!!! pero a musa de tódalas musas...a música... non a esquezades. Sería interesante adicar un libriño actualizado á tradición musical caldelá e ós seus músicos..non? Pois ala, aí deixo a proposta a ver se alguén a recolle.
Unha aperta.
Pero o nome da editoria non di nada, nin é significante da cultura galega nin caldelá. Perdoade, pero escocollestes un nome tan neutro.
Pero bueno..o dos gustos éche así, espero que verlibros vos traia moitos moitos éxitos. Sorte a moreas Bautista.
Felicitacións a Bautista por esta iniciativa!!!!
Encántame a foto. Coma sempre moi bó gusto.
Publicar un comentario