sábado, noviembre 17, 2007

A fotografía según María X. Castro



Un extraordinario ángulo mostra un dos cláustros do Mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil. Con esta foto recibe María ós que se asomen a súa fiestra. A foto salienta moi ben a idea de ese espacio interior cheo de luz, onde os monxes, que se retiraban a estas terras de viño e castañas, buscaban, entre outras cousas, o cultivo do espíritu. Coma no interior do mosteiro, esta páxina garda interesantes e fermosos tesouros no seu interior.

Esta caldelá, da Praza do Prado, amosa un bó ollo para captar a luz de Siza, no CGAC, o misterio dun Souto, o movemento e a beleza dunha modelo nunha pasarela, o dramatismo da paixase dos caños do Sil, a minuciosidade dunha gota de auga nunha folla ou a intimidade do retrato dos seus pais, antes dunha xornada no seu restaurante. Parabéns.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Felicitacións a María por tanta beleza. Outra artista da nosa vila que ben!

Anónimo dijo...

Qué forma de mirar as cousas tan bonita . O que vin dela encantoume. Noraboa!