Mostrando entradas con la etiqueta María X. Castro fotografía Caldelaos Ourense O Castro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta María X. Castro fotografía Caldelaos Ourense O Castro. Mostrar todas las entradas

sábado, noviembre 17, 2007

A fotografía según María X. Castro



Un extraordinario ángulo mostra un dos cláustros do Mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil. Con esta foto recibe María ós que se asomen a súa fiestra. A foto salienta moi ben a idea de ese espacio interior cheo de luz, onde os monxes, que se retiraban a estas terras de viño e castañas, buscaban, entre outras cousas, o cultivo do espíritu. Coma no interior do mosteiro, esta páxina garda interesantes e fermosos tesouros no seu interior.

Esta caldelá, da Praza do Prado, amosa un bó ollo para captar a luz de Siza, no CGAC, o misterio dun Souto, o movemento e a beleza dunha modelo nunha pasarela, o dramatismo da paixase dos caños do Sil, a minuciosidade dunha gota de auga nunha folla ou a intimidade do retrato dos seus pais, antes dunha xornada no seu restaurante. Parabéns.