lunes, marzo 26, 2007

Abrigate, unha pelicula de Ramon Costafreda





Onte foi o preestreo de "Abrígate" dentro da Mostra de Cine Latinoamericano de Lleida. É a primeira película para gran pantalla de Ramón Costafreda, (Mos-Pontevedra). Unha sala emociada puido visionar esta película chea de maravillosas sensacións producto da destilación da memoria diste galego que reside en Barcelona. Ramón é un publicista de sona e foi director tamén dunha película para a televisión "Máis que irmáns".


A película foi producida por Continental e rodada en Betanzos, Caión e Miño. O guión é de Fernando Castets, guionista de películas como “El hijo de la novia” e “Luna de Avellaneda”, e do propio Ramón. Tratase de unha comedia romántica rodada en galego e en castelán, na súa versión orixinal.

Unha moza de Bós Aires ven en busca do rastro da súa familia, que coñece a través de fotos feitas polo seu abó. Unha divertida comedia romantica que se vai construindo a través de unha trama na que o persoaxe de Valeria -arxentina filla de galegos- namorase do fillo do seu amante falecido. A película está chea de momentos moi emocionantes, divertidos e disparatados.

Eiqui tedes o trailer para que vaiades saboreando unhas deliciosas imaxes da película deste amigo que no verán do 2005 visitou Caldelas. Temos que traballar para convencelo ca idea de que filme algún día no Castro.

E o turno dos veciños, hai que move-lo peto por ELENA




Nunca tantas veces soara o nome de Castro Caldelas, agora tocalle o turno os veciños, hai que move-lo peto pola Elena.
Envia FAVORITO ELENA ó 7788, ou chama 905411541 ha dejado un nuevo comentario en su entrada "Elena Pérez, unha estrela para a Terra de Caldelas...":

Boas, o concurso "Son de Estrelas" no que CALDELAS está representada por Elena está na segunda fase, da que xa se emitiron 2 programas dun total de 11 que terá.
Esta fase é un sistema de liguiña parecido ó do futbol, compiten nela 12 comarcas e enfrontanse entre elas como si fose un partido de futbol (6 enfrontamentos cada semana de 2 comarcas).
De cada enfrontamento un xurado decide si ten un gañador que se leva 3 puntos (o perdedor ningun); ou si hai un empate, neste caso leva 1 punto cada un. A estes puntos que van tendo cada semana sumanlles os puntos que tamén lles dan os votos du publico por telefono 3, 2 ou 1 segun os votos de cada semana; é o final o que máis puntos teña gana o concurso.
Na primeira semana Elena e 3 máis estaban de primeiros con 3 puntos, 4 de segundos con 1 punto, e os outros 4 con 0 puntos.
Despois da segunda semana, vai en cabeza unha rapaza con 8 puntos, 2 de segundos con 4 puntos, e Elena con outros concursantes con 3 puntos na terceira posición.
Elena faino moi ben, o certo e que está deixando o pobo en moi bo lugar, tendo en conta que non recibe ningun punto de votos por telefono (que son os que deciden o ganador, xa que unha persoa podese levar 33 puntos de votos en total sin ter ningun mérito). Quero dicir que ainda que ela gane todos os enfrontamentos que lle quedan, acadaria un total de 30 puntos; e podese dar o caso de que outra persoa sin ganar ningun enfrontamento teña 33 puntos que lle deron via votos por telefono.
Todo isto ven a que temos que apoiala, a que temos que rascar un pouco o bolsiño e mandar algún sms ou chamar por telefono (cousa que se pode facer desde calquera sitio)
O telefono para votar é 905411541 ou tamén enviando unha sms o 7788 co texto: FAVORITO ELENA
Os votos hai que facelos desde o Sabado as dez da noite ata o luns as cinco da tarde. Pídovos a todos os veciños do pobo a que chamedes e votedes todas as semanas as veces que poidades, e que llo digades a toda a xente que coñezades para que sexamos máis a votar e así lle podamos sumar algúns puntos a Elena que nos está a representar a todos.
Cada pouco irei contandovos como vai a cousa.

BAUTISTA, Graciñas pola páxina, e anima a xente a que participe votando

domingo, marzo 18, 2007

O Pazo do Couto


Un desvío da antiga carretera que pasaba polo Couto e ía á Abeleda fixo que a antiga casona dos Taboada quedase agazapada e retirada da vista dos transeuntes. Se non sabes que está alí, iste caseron de dimensións importantes pasa desapercibido. O pazo dos Taboada atópase no Couto, nunha suave pendente da ribeira que lle permite abrigo e perpectivas. Perspectivas para divisar os seus antigos dominios …San Paio, Santa Tecla, Abeleda…

Dín que a familia dos Taboada estaba emparentada cos Condes de Valladolid e rivalizaban cos de Lemos. Eran donos de varias casonas da vila e din que o seu dominio en terras era extraordinario “…podían viaxar varios días e non dormir nunca en casa allea”. Os Taboada eran uns dos principales protectores do mosteiro de San Paio e participaban na elección do seu abade. O último morador do pazo, herdeiro xenético dos Taboada, despois de estudar astrofísica, mudou o seu interés polas estrelas e instalou o seu observatorio nun torreón ateigado de libros e algún ordenador, como única conexión co universo exterior. Dende a súa atalaia, Luis, en lugar de escudriñar o espacio infinito, investiga o pasado, o seu pasado. Excava no sotano, abre portas noutro tempo tapiadas, descubre cabidades esquecidas, atopa balas de cañon e descubre que os seus antepasados tiñan dereito a administrar xustiza e por iso a aforcar, se era preciso. E, cos seus medios, mantén a flote ista máquina do tempo que ten os seus orixes alá polo século XIII. O Pazo soio saiu do patrimonio familar cando un antepasado seu, do mesmo nome, botou man del como prenda e atreveuse a xoga-lo ás cartas. Anos mais tarde Don Ricardo logrou recupera-lo e ata agora.

O Pazo do Couto atópase en bastante “bo estado”; necesita manterse a salvo das pingueiras para que non se dañe a súa estructura de madeira. Quero decir que non sufriu ningunha adaptación burguesa que lle dera un aspecto versallesco e por isto quedara desposeido do seu valor patrimonial, como testemuño dunha época.



O Pazo ten o aspecto de fai séculos e é un bo exemplo dun pazo da fidalguía da época. Conta cunha impresionante bodega equipada con grandes cubas, que non sei se hoxe se poden utilizar, pero sorpenden polas suas dimensións. Luis anda ca teima de experimentar co viño e xa fai un xenérico que, como decía Álvaro Cunqueiro, “vale para acompaña-lo cocido”. Unhas viñas ben situadas nas ladeiras do Sil e un traballo no que Luis está a poñer tanta paciencia e pasión augura un resultado de moita calidade. Noraboa pola iniciativa e por manter a flote iste vello barco.

sábado, marzo 17, 2007

Un casamento no Vallés


Logo de moitos anos camiñando xuntos, primeiro polas terras de Valladolid e, agora, por Barcelona, onte, Carlos Vázquez e Ruth Canal decidiron facer unha parada na súa viaxe e formaliza-lo seu matrimonio na fermosa vila de Sant Cugat do Vallés. Nunha moderna sala do concello, desta tranquila vila residencial, o sol primaveral entraba con forza por un lateral, iluminando a sala, e imaxinei que os deuses da natureza vendecían iste acordo fraguado fai anos nas beiras do “Dray Martini”.

Tiven que testificar no seu favor e, mentres o teniente alcalde resaltaba que no código civil hai dereitos e obrigas pero non hai ningún artigo que os obrigue a quererse…, botei man das lembranzas e coñecementos que eu teño do Carlos e da Ruth para ver a forza e valía da miña testifical.

Cando tíñamos perto dos oito anos, Carlos e máis eu, coincidimos nun campamento de verán en Porto do Son (A Coruña). Alí, na parte máis occidental da península do Barbanza pasamos un mes enredados en moitas actividades deportivas e xogando nas praias desta bisbarra. Descubrimos o mar; o mar das rías altas, a súa forza, a súa beleza e o contraste cas nosas terras do interior. Alí sementamos no horto da amistade, que ainda dura.

Carlos, licenciouse como arquitecto técnico (aparellador) pola universidade de A Coruña, traballou para grandes empresas da construcción, con responsabilidades económicas de moito nivel e, fai un tempo, decidiu baixar á escala pequena, a escala humán, na que un ten control e disfrute de todo aquelo que fai. Fai un ano fundou a súa propia empresa que empeza a abrirse un oco no competitivo mundo económico catalán.

Ruth Canal, licenciada en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela co obxetivo de especializarse nos trastornos do linguaxe e a fala, fixo un master en logopedia na universidade de Barcelona e cursos de doutorado en madrid e Valladolid. Entrou con forza no Vallés, en pouco tempo fixose ca lingua catalana e a súa profesionalidade viuse compensada ca consolidación de unha carreira profesional traballando no eido que sempre quixo, a logopedia. Para ela, soio é un paso, xa que a verdadeira batalla virá cando, como Don Quixote, se enfrente ó cabaleiro da media lúa nas praias de Barcino.

Istes mozos de caldelas adoran a cidade dos prodixios e están enmeigados pola luz crara e suave do mediterraneo. Sempre que poden voltán a caldelas e participan moi activamente nesa fiestra que é “O prado” co desexo e a ilusión de que ise mundo que levamos dentro se parezca cada vez máis os nosos soños.

viernes, marzo 09, 2007

Unha escada de mentiras


Mañán asisteremos a unha gran representación na que haberá moitos extras convidados. As bandeiras da mentira e do pasado ilegal ondearán en moitos lugares como símbolos dun falso movemento que soio persigue o poder polo poder. Acosar e derribar a un adversario léxitimo cunha escada de mentiras. Todo vale neste antroido no que unha dereita enferma e sen poder non é capaz de ter máis contido político que o terrorismo e a defensa de unha falsa unidade nacional.

domingo, marzo 04, 2007

Elena Pérez, unha estrela para a Terra de Caldelas



Onte a noite, na televisión galega, no programa “Son de Estrela”, Elena Pérez cantou con gran éxito a canción “Xuntos” de Juan Pardo. Ten 25 anos e é diplomada en Turismo. Pertence a familia do “páxaro azul”. Filla de Melita e Pedro. Irman dos músicos Carlos e Pedro que dende moi novos tocan nos diferentes grupos da vila. Elena cantou no coro “Lembranza” e tocou a pandereta en “Airiños de Caldelas”.

«Uns amigos avisáronme do cásting. Eu decidín presentarme porque, desde moi pequena, gústame moito cantar. Penso que é unha oportunidade para demostrar algo e para darme a coñecer».

Según me contan quedou de segunda e ten moitas posibilidades. Pili Pampín, cantante de sona e membro do xurado resaltou a calidade da súa intervención e o seu estilo. Noraboa para Elena e esperamos que finalmente se converta na gañadora deste concurso que presenta Tete Delgado.

Quico Cadaval, un narrador moderno


Na aula 111 do departamento da facultade de filoloxía non quedaba nin un soio pupitre valeiro. O home que renovou o teatro galego estaba a piques de entrar e a expectativa era grande. Moitos galegos de Barcelona citáronse nesta emblemática aula para escoitar a voz máis famosa do teatro galego.
“… o único importante do conto é o inexplicable…”

Quico empezou facendo un repaso dos valores dos contos tradicionais, botando por terra a inxenuidade das mensaxes que agochan. “…valores que se instalan no subconsciente e logo convertense en ideas propias…”

Nos seus contos, Quico, fala de espectros, de posesións, de seres que invaden os corpos, dos mortos que viaxan no corpo dun familiar como invitados. A risa e o medo combinados. O temor ó inexplicable. Do real e do subreal. Dun mundo próximo ós galegos. Igual ca no caso de García Marquez, a aboa de Quico contáballe historias nas que o inexplicable convivía armonicamente co real.

Simetrías e asimetrías


Son duas casas. Posiblemente nun tempo foran unha soia. Viñeron as partixas e houbo que dividir o patrimonio. Maneiras diferentes de entender a vida. Curiosa simetría e asimetría na ribeira de A Abeleda. Símbolo da dificultade para levar a cabo proxectos conxuntos.

Antón cumpre cinco anos


Antón tivo unha gran festa de cumpreanos. Os cativos da súa clase viñeron axudarlle a apagar a veliña dos cinco anos; nenos do colexio público de A Floresta: Lluc, Ana, Ona, Indira, Eneco, David, Pau, Lilian, Emma, Sharif e algún outro que seguro que esquezo. Cativos de diferentes orixes que forman a multiétnica sociedade catalana. Temén estiveron a súa amiga Helena, Lucía, Sofía, Ariadna e moitos máis que participaron nunha animada festa infantil. Agasallos e máis agasallos. Mariña estaba un pouco enfadada o ver exceso de protagonismo de Antón e ver que case todo-los agasallos ían para él. A min parecíame que con un dibuxo xa chegaba ben pero Antón dixo que era o seu cumpreanos e que non ía eu privalo de unha avalancha de regaliños… así son as cousas; É o mundo que nos toca vivir. Non é facil frear o exceso de consumo, sen entrar en conflictos. Faime lembrar a miña infancia no Castro onde case non había agasallos e iso facía que apreciáramos moito calquera cousiña.

sábado, marzo 03, 2007

Mulleres na neve


Foto de Xoán Bautista Sotelo Blanco (de finais dos anos sesenta) atopada no arquivo da familia Campos. Un grupo de mulleres movense para entrar en calor ou para xogar ca neve. Ledicia dun día de neve. A beleza do contraste entre a neve que todo o unifica, simulando o aletargamento da vida e o movemento das mulleres que transmite unha forte idea de vida. A foto está feita no antigo xardín da nosa casa do Castro, antes de construir a ampliación do hotel. As vistas a ribeira eran fabulosas e o espacio anexo a casa foise convertendo nunha ampliación descuberta do estudio que o meu pai tíña nos baixos e que nós chamávamoslle "a fotografía".