miércoles, junio 11, 2008
Vázquez Montalbán, un xornalista honesto
Olegario Sotelo Blanco a través da súa editorial en castelán, Ronsel, presentou onte no Colexio de xornalistas de Cataluña un novo libro (en catalán e castelán). "EL món segons Manuel Vázquez Montalbán" recopila unha antoloxía dos artigos deste xornalista e escritor, fillo de un galego. Os autores, Carles Geli, Marcel Mauri e o xornalista Martí Gómez lembraron ao MVM xornalista e gran comunicador.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Parece ben interesante o libro que edita Ronsel, coa selección de artigos de Vázquez Montalbán.
A pegada das súas raíces galegas ,aí a temos, para sempre, no seu personaxe favorito, famoso na literatura universal, o detective Pepe Carvalho.Eu, nunha época , hai xa uns cantos anos, fun moi afeccionada ás súas novelas , e ás veces non diferenciaba onde remataba o personaxe e onde empezaba o autor , tan identificado estaba con él .
O que moita xente descoñece é a súa faceta de poeta.Gústame especialmente un poema que remata:
"el sin sentido de contar los días
deshabitados de la única presencia
misteriosa ausencia
yo creía
que no quedaba otro exilio que la muerte."
Hola Manolita, se che gusta a serie Carvalho, gustarache saber que pouco lle faltou ao detective para vir ao Castro. MVM probou as morcillas da miña mai e quedou intrigado polo seu gusto doce...a Pepita resistíase a confesar os ingredientes, daquela, Pepe Carvalho ofreceuse a viaxar ao Castro para investigar cal era o segredo que empregaba a de Mazaira.
Bueno, bueno, non me digas!!! Para un recoñecido gastrónomo como el era, esas morcillas , ben seguro, serían bocado exquisito.
Deduzo que de non ter vido sería porque túa nai , ó fin, falou.
Gran labor de Don Olegario Sotelo Blanco
Publicar un comentario