viernes, agosto 01, 2008

Carlos Blanco engaiola na Ribeira Sacra



Noite de verán. Risas a escachar. Problemas, sí. Pasar a acción significa correr riscos. Por momentos chegou a luz a este mosteiro máxico, novo espazo para a cultura. Xente de Ourense, de Monforte, Chantada, Trives, Doade, Abeleda, santa Tegra... e, sorprendentemente, algún había do Castro. Hoxe contaremos con Quico Cadaval, actor e director teatral de gran prestixio. Ven de camiño e chamou para decir que parou a dormiu unha siesta nunha carballeira antes de chegar a Monforte, polo que virá moi descansado. A cousa promete, o número de entradas vendidas é alto. Seguro que será unha noite para lembrar. Foto: Carlos Campos.

29 comentarios:

Anónimo dijo...

Magnifica noche. Gracias a todos por vuestro esfuerzo.

Anónimo dijo...

Creo que sobra o comentario - e alguns do castro. Pailán

Anónimo dijo...

pois magoa de non o saber antes porq eu tamén ia desde aqui desde Pantón :S

Estiven o outro día por aí, para ir ensinarlle o castelo a un amigo pero agora non é xa coma outras veces que fun, que abría todo o día senón que xa é por horas...

Disfrutade de cadaval!

Anónimo dijo...

Bautista de ti non me esperaba menos "e incluso alguén do Castro". Pois cada un vai a onde quere, e se quere vai se pode. Na túa linea.

Anónimo dijo...

Estiven os dous días é solo me queda darlles as grazas os organizadores, foi algo excepcional. Noraboa. Que se repita pronto. Ricardo Rodicio

Anónimo dijo...

Moi ben todo, moitas grazas a todos/as os da organización; pero non podo marchar sen dicir algo: O comentario ese de que tamén foron sorprendentemente algúns do Castro denota un tono despectivo que o único que fai é descalificar o seu autor.
Fas cousas moi ben feitas Bautista, pero coma sempre, pérdete a boca

Anónimo dijo...

Bautista, soio cabe felicitarte e darte as grazas, a tí e aos demais organizadores porque foi todo un éxito. Animádevos a seguir traballando así, con ilusión e sensibilidade. Tí és do Castro, e supoño que o que te sorprende, como a mín, e que houbera tan pouca xente da vila, nun acto tan especial, que estivo a tope de xente (da zona e chegados de lexos). Non entendo porque ninguén se sinte ofendido polo comentario. É a realidade. Tamén sei de alguns que non puderon ir e que tiñan as entradas compradas. Eu non creo que o teu comentario, moi soave, denote un tono despectivo, soio unha certa desilusión. Pero polo que me parece, Bautista, un programa tan ambicioso e con tanta calidade como o que organizastes tiña o obxectivo de traspasar esa fronteira. Así que eso non ten a mais mínima importancia. De feito eu vin o cartel en Ourense e sentinno pola radio, primeiro na Ser e despois na galega. O éxito de público foi espectacular! E tanto Carlos Blanco como Quico Cadaval estiveron magníficos. Moitas grazas!

Bautista Sotelo dijo...

É un dato obxectivo que pretende, como sempre, motivar certa reflexión sobre nós mesmos. Non, non cuspo pra riba.

Anónimo dijo...

Dúas noites fantásticas. Necesitamos máis. Parabens.

Anónimo dijo...

Antes de provocar reflexións deberías pensar o que dis. E ademais ese espírito crítico, do que tan a miúdo fas gala, deberíalo sacar con máis forza cando es ti o organizador. Estivo moi ben, houbo erros, e como non quedas contento agora vas a meter a patiña, porque neste pobo fanse moitas cousas nas que ti non participas, e o mellor cunha moi boa escusa, coma a que poden ter algúns dos que foron. Posiblemente so sexa o vello truco dos ilusionistas crear outra absurda polémica para esconder do que queres que non se fale.

¿O da luz a que se debeu?
¿O concello, ó que tanta afección tés a criticar, botouche a man?
¿Por qué se eres dos que pretende sacar os coches da praza deixástelos alí diante, dando mala imaxe, e mal exemplo coa falta que nos fai os do Castro que nos ilustres?

A pesar de todo douchevos moi boa nota, pero para que vexas que sinxelos é facer demagoxia e absurdas polémicas

Javier Diéguez López dijo...

Bueno, por fin puidemos falar un aniquiño persoalmene. Non puden asistir o Xoves por mor do traballo, pero o venres foi todo un luxo. Parabéns pola iniciativa. Segue a facer actos así.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

Pois eu tamén vin bastante xente do Castro, de feito penso que se non estiveran os do Castro habería moita menos xente, pero tí sabrás a que ven o comentario.E estou de acordo co Catapiro que o mellor para que a xente participe no que fas ti, o mellor tí tamén deberías participar nas cousas que fan os demáis. De todas maneiras se non quedache contento ca participación dos caldelaos, que me parece que non tes ningunha razón, sempre podes facelo en Chantada, Monforte....

Anónimo dijo...

Sorprendente é o teu Bautista, nunca vin a nadie descalificarse de
igual maneira,tú que normalmente non participas nas cousas que se fan no Concello, a tí que as festas te molestan, que nin siquera empregas o teu blog para dar a conocer outras actividades que se fan no Castro...Había xente do Castro e moita, o mellor o que che pasa e que coma tí solo te relacionas con tres ou cuatro do Castro a o resto igual non os coñeces.

Anónimo dijo...

Que saibas que veño de estar en outro blog que fala de cousas de Castro Caldelas e teño que decir, que deberías aprender de esa xente como é de ben nacidos ser agradecidos, vota un vistaciño e toma nota, que o mellor aprendes algo.

Anónimo dijo...

Catapiro e demáis anónimos, na liña de algún dos pecados capitais, nótase que non fostes as noites de contos. Hay que decilo, os amigos de caldelas produciron un acto de moita calidade a que non estamos acostrumbrados. Non fodades a cousa.

Anónimo dijo...

Cuan equivocado estás!,fasciñaronme as verbas de Carlos Blanco falando dos enterradores ou cuando se referiu o Fernando do Grilo na sua anterior actuación fai 18 anos ca súa obra Doberman,pero non quedou atrás Quico Cadaval explicándonos cómo está relacionado o complexo de Edipo ca raíña Sofía ou como distinguir unha catástrofe de unha traxedia ou unha hecatombe. Xurxo,a grandeza dos dous artistas que viñeron, e o gran espectáculo que desenrolaron non ten nada que ver ca metedura de pata do organizador.

Anónimo dijo...

Falas de oido e nótase que tes algo persoal con Bautista, que xa fun vendo noutos comentarios teus, neste e noutros blogs... nunha defensa numantina de calquera acción do concello. Non tes razón, Bautista fala da actuación de Carlos Blanco, no seu blog e é certo que non había moita xente do Castro na primeira actuación e a min tamén me sorprendeu, como a de calquera que teña a mirada limpa.

Anónimo dijo...

Non che teño que demostrar nada, pensa o que queiras que así vos vai. Ti solo entras cando hai gresquilla neste blog e non che vou dar esa satisfacción.Ciao,Ciao bambino.

Anónimo dijo...

Son do Castro, non puden ir eses días e ben que o lamento. Tedes o meu apoio. Nada de marchar para Chantada. Non deixedes de organizar cousas no Castro. Non fagades caso deses comentarios que todo lles sobra. Asi nós vai. Poucos pensan como eles.

Anónimo dijo...

"XurSo", vólvome explicar moito menos detallado:

Noites de contos: moi ben, a pesar dos fallos de organización totalmente compresibles. Deus nos libre que os cometeran outros.

Comentario do Bautista. Non ven a nada e creo que é un desprezo para todos eses que fomos, para os que non foron porque non puideron, e tamén para os que non foron porque non lle sae. ¿Ou está alguén obrigado a ir a algo?, e ademais nin que o Bautista e ti forades a todolos actos que se fan no pobo

Anónimo dijo...

O heterónimo do Catapiro vese ás leguas.

Anónimo dijo...

O mellor andas confundido, pero en todo caso se sabes quen son (que o dubido moito, pero que moito) que problema hai

Anónimo dijo...

Ah! por que saibas quen son, deixa de estar mal ou ben certas cousas.

Anónimo dijo...

Ah! por que saibas quen son, deixa de estar mal ou ben certas cousas.

Anónimo dijo...

Las críticas, si no van acompañadas de alternativas, no son más que palabras necias de personas que, en vez de ocuparse en hacer ellos mismos las cosas bien, se ocupan en ningunear el trabajo de otros...eso es ignorancia, pobreza de espíritu y mediocridad. Mucho ánimo a todos los que, como Bautista, creen en su tierra y aunque no vivan en ella, no la olvidan y la valoran.

Anónimo dijo...

"Lémbrome dalgúns galegos que viven para o seu bandullo, porque son ben asisados e non sofren as inquedanzas dos demais"
Parece que teñen o pesimismo dos vellos e aínda non se aventuraron en ningunha empresa. Parece que teñen o escepticismo dos que están de volta e aínda non se arriscaron a viaxar...(Castelao) Moito ánimo e moitas veces Bautista.

Anónimo dijo...

Bautista, lembra aquelo de "non fai falla que relinchen porque conocémolos polo barullo das ferraduras".

Anónimo dijo...

Que manía tedes de insultar a xente pensando que son parvos e non se enteran, parecedes os señoritos de hai 50 anos... e logo iredes de nacionalistas... que ven se estáno Castro sen tanto merdán durante todo o ano, non sei porque vides tocar o carallo e amolar

Anónimo dijo...

Entras baixo un anónimo, mostrar o teu enfado, a saber porqué , insultas en plural... Se estás tan ben sen nós, se tanto che molestan as nosas opinións, para que carallo ves a máis alá do transformador... non podes vivir nen con nós, nen sen nós...? pois sí que estás ben amolado. Anda home anda, a ver si atopas a túa identidade.