domingo, agosto 31, 2008

O noso casco vello na Voz de Galicia



O casco vello de Castro Caldelas a examen no xornal “La Voz De Galicia”. “Apretados en la Galicia Interior”, unha reportaxe de Kiko Novoa. A voz adica tres páxinas con entrevistas a Osorio, Nini e Roberto Gónzalez. Parece que todos coinciden na necesidade de ordear o tráfico. Non perdo as esperanzas de poder velo.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

As obras que se están a levar a cabo no Castro están moi ben e son necesarias, pero necesario é tamén que se acorden das necesidades que témos os demáis pobos que formamos parte do Concello, e que son moitas. Seguro que cando teñamos eleccións virán a pedirnos o voto.

Anónimo dijo...

Estou dacordo en que é necesario mellorar o tráfico no casco vello. As cousas teñen que ir cambiando como cambian noutros sitios.

Bautista Sotelo dijo...

Para o primeiro anónimo. Correspondenos a todos movernos para conseguir que as cousas melloren. Eiqui tes a posibilidade de facer as reivindicacións que consideres necesarias, co teu nome o baixo o anonimato. Un saúdo.

Anónimo dijo...

Coido que no vai ser fácil a peatonalización. Alguén lle ten que explicar os bares que non van perder neste cambio.

Anónimo dijo...

Nace unha nova páxina web na ribeira, si queredes visitala a dirección é: www.santategra.org. Saúdos Ricardo Rodicio.

Anónimo dijo...

Los vecinos de San Xoán de Río os invitan a participar en su foro [no oficial]

http://san-xoan-de-rio.foroactivo.com/

Vuestro espacio de expresión y libertad en la red.

Anónimo dijo...

Bautista, estou mirando o catálogo da exposición "Alfonso IX é a sua época" que se inagurou en xullo no Kiosko Alfonso de A Coruña". Nela exponse o pergamino que contén a concesión por Alfonso IX , do fuero ó burgo de Castro Caldelas no ano 1228, documento que se atopa na Fundación Casa de Alba. Xa en 1172, Fernando II de León concedera un privilexio foral ao Burgo de Caldelas.
Dice no catálogo: "O interese desta peza é doblemente excepcional: dende o punto e vista lingüistico, constitúe un dos mais antigos e valiosos testemuños da produción primitiva en língua galega, mentras que dende o punto de vista histórico e diplomático constitúe practicamente a única copia coetánea e completa dun foral outorgado por Alfonso IX, pois a práctica totalidade da documentación foralenga deste monarca chegou a nós a través ed confirmacións ou copias posteriores a 1250, case sempre desprovista da relación de confirmantes".
Posiblemente xa terías noticia de todo esto pero nunca está demais.
sfm

Bautista Sotelo dijo...

Gracias, sabía deste foro. Fixen unha entrada fai tempo falando do seu valor para os lingüistas por ser un dos primeiros documentos en galego que se coñecen.
http://maisaladotransformador.blogspot.com/2007/02/o-foro-do-bo-burgo-do-castro-caldelas.html

De todas formas é unha boa oportunidade para ver o manuscrito. Un saúdo.

Anónimo dijo...

Respecto ó manuscrito teño que dicirvos que hai unha copia do Concello