domingo, marzo 23, 2008

“O farruco” creia estar no lado dos seus.

O Francisco, que veu hai anos de Villardá para a casa dos “Chiquitos”, na Airexa, Mazaira, forma parte da tertulia que se fai na pedra que hai no frente da casa dos "Bilbirichos". A pedra que o meu abó trouxo dos vales da ribeira tirada por tres xogos de bois, para apuntalar ese lado da casa. Alí, os veciños da Airexa falan de todo o que lles peta, falan das súas vidas e entéranse das últimas novas. Sempre é ben vido calquera que teña algo que contar. Fai uns seis anos Francisco falábanos da guerra civil, da guerra entre irmáns, de treguas…da espera para ser licenciado.

sábado, marzo 22, 2008

Os cañons do medo


Revisando viaxes, atopei esta foto dos cañóns que protexen a entrada por mar de A Coruña e que me conectan coa derradeira película que vimos cos cativos, "Mi mostruo y yo", nestes días de lecer, nos que disfrutamos de estar na casa, dos paseos pola cidade, e do cine en familia. A Antón gustoulle moito esta película inspirada na lenda do mostruo do lago Ness e, antes de que rematara, mentres mantiña un difícil equilibrio no alto da súa butaca de cine, preguntoume si esa lenda do monstruo era verdade. Contesteille que o que él quixera... e respostou que seguro que o era, que él creia que sí, que era verdade. Agora istes cañóns, situados no monte de San Pedro, que antes simbolizaban o medo, os medos que nos gobernan, son grandes esculturas sobre as que os cativos fan equilibrios nunha paisaxe gañada para gozo tranquilo dos sentidos.

lunes, marzo 03, 2008

Antón cumpre seis anos.


Os seus compañeiros fixéronlle un libriño con debuxos de felicitación. Cada debuxo mostra a súa visión do Antón e do número seis. Elexin esta imaxe de Antón rodeada dun arco da vella de corazóns. É dunha fermosa nena rusa, adoptada por unha familia deiquí. Con moita ilusión Antón está esperando a todos os seus amigos para tirar dos fios que liberaran a “piñata” chea de lambetadas.