lunes, junio 26, 2006
Antonio Sotelo Caneda, o Bilbiricho
O meu abó materno, de Mazaira. Era fillo de José Sotelo Blanco e Luzdivina Caneda Vazquez. Casou ca Matilde logo de voltar do frente de Aragón, onde perdeu a súa nenez: non coñeceu a George Orwel nin soupo nunca da súa existencia. Tivo oito fillos dos que viven sete, espallados polo mundo adiante. Durante moitos anos foi molestado pola garda civil porqué alguén fixo correr que o Bilbiricho sabía onde se agochaban algúns dos últimos fuxidos. Asumiu como seu o alcume do Bilbiricho. Sempre traballou a terra e tivo vacas, moitas vacas, a garbosa, a marela, a morita, a viana e a marquesa. Tiña bó gando e na súa casa non faltaba un bó boi. Viaxou moito as Carballeiras, a vila do Castro e a súa viña de Alais. A silueta do Bilbiricho e da súa vesta atopabase a miudo no camiño do Valdigrou, que vai da vila a Airexa. Nunca pensou en emigrar e máis dunha vez foi arrodeado polos lobos que chegaron a facerlle coxegas nas patas da súa vesta.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario