jueves, enero 22, 2009

O inverno da Matilde



A aboa Matilde vive na Airexa, na parroquia de Mazaira. Pertence ao primeiro cuarto do século XX e sempre viviu alí na mesma casa onde os Bilbirichos decidiron asentarse dende fai moitas xeracións. O duro inverno vai caindo pero ela resistese a abandoar a súa aldea. Resiste, como resiste un mundo que non quere desaparecer. Non, non será a última moradora como na novela de Julio Llamazares “La lluvia amarilla”, porque na Airexa hai familias e xente nova con moitas cabezas de gando.

Como decía o gran director de cine, Billy Wilder, que nacera na outra galicia, de Polonia, con unha soia frase debería ser posible definir a un persoaxe. Non fai moito Matilde decíalle ao xenrro, para explicar o mundo, — “malo do rato que soio ten un burato…”.

Entre lusco e fusco, nos camiños que chegan a Airexa soan as esquilas das moitas vacas que voltan as casas. A imaxe é fermosa e mostra a vida que ainda hai nesta aldea.

A Airexa agochase nunha ladeiriña da serra de Mazaira que a protexe dos ventos que veñen polo norte, por Monforte. Aos pes desta aldea os grandes lameiros reparcelados morren no pequeño rio Ferreiros e nas Touzas.

Fai moito frio pero saimos a camiñar polo camiño que vai dende Airexa ata Mazaira. A medio camiño está a casa soia de Alende que foi mercada en internet, por unha xente de Bilbao. A aboa dí que son moi bós veciños pero neste tempo non aguantan co frio e marchan.

— Coido que deberon de equivocarse, compraron en internet, viñeron no verán, cando o clima é agradable e hai moita xente, pero cando chega o inverno as cousas son moi diferentes.

— Tamén vostede vive eiquí. No inverno e no verán.
— Non, pero onde vas comparar, non ten nada que ver.
— Porqué, aboa, porqué non ten nada que ver…?
— Porque eu sempre vivin eiquí, eu non elexin.

Xa vai oscurecendo e Matilde axina decide dar a volta e desandar o andado.

No hay comentarios: