domingo, abril 12, 2009

Curso de saúde ambiental



Parabéns aos organizadores por traer ao Castro un curso cunha temática tan ambiciosa e interesante. Éxito de participantes e ponentes. Éxito para o Castro por exercer, de feito, de capital da “Ribeira Sacra“. O Castro como espazo de reflexión e debate. Coido que é unha boa liña na que traballar. “Cuidar a nosa terra e promover estilos de vida saudables está nas nosas mans”, é o lema deste curso. Houbérame gustado asistir, sobre todo á mesa redonda que leva por título, “Posta en valor do patrimonio natural e histórico-artístico e cultural da Ribeira Sacra: o camiño cara á sostibilidade”. Nas nosas mans está facer moitas cousas pola Ribeira Sacra, na liña da sostibilidade, ainda que hai que recoñecer, que en moitos aspectos xa se iniciou o camiño: protección de espazos naturais, recuperación de rutas culturais, recuperación do patrimonio, xestión dos residuos… no plano local, na vila, perdoade que insista, hai que valorar máis o noso patrimonio, o Casco Vello, e O Prado non pode seguir sendo un aparcadoiro. Toca por en valor eses espazos, e esa é unha boa aposta polo turismo sostible. Mudar nesta liña non é nada novedoso, é o que se está a facer en moitos lugares, con resultados positivos. No curso falouse tamén de canalizar os residuos, parece que vamos nesa liña, da a auga, protexe-las fontes, ainda hai moito por facer, botade unha ollada ás nosas fontes.

3 comentarios:

Fray Benito Xeronimo nin "Feijoo" nin Montenegro dijo...

Menos mal que inda nos queda a esperanza no Castro de ter xente coma os organizadores distas xornadas, que realmente traballan polo pobo sen esperar nada a cambio. Xente coma ti, Bautista que dende o lonxe proclamas os catro puntos cardinais a túa condición de Caldelao; ou coma túa irma, levando o nome de Caldelas os cinco continentes. Outra cosa será discutir se as obras do Prado quedaran coma todas as ultimas que se fixeron no Castro: "Horteras", chabacanas, sen senso, sen gusto, sen estilo,. O feismo tamén se instalou en Castro Caldelas. Non me estraña vendo as construcions que fixo o Sr. Alcalde cando inda tiña un emprego.
De todos modos a os "Empezamos" quédalle moito que rañala, xa que non dan o nivel mínimo axeitado a categoría que ten esta Vila.

galiciaenelpaisdelasmaravillas dijo...

A mi también me hubiera gustado asistir a esas jornadas...estaba cerca pero tenía que trabajar...hoy, parada forzosamente por una baja creo que corta, me animo a corroborar que los organizadores de esas jornadas están a la altura de su contenido...pero...Ay!...la realidad es mucho más dura desde aquí...
Desde As Adegas llevamos luchando 4años, con escritos, con visitas personales a los responsables (conselleiros, delegados), con comunicados a los vecinos afectados, con notas de prensa convertidas después en artículos,...por la legalidad...por las buenas..., con el tema en manos de un abogado...4 años digo...,para conseguir que el tanque del agua que nos surte a los vecinos de 3 barrios de San Paio, sea un tanque con agua digna...
y después de estos años estamos peor que al principio...porque los vecinos, que somos pocos, no estamos unidos !(somos 12 casas...!) y el hecho de que no estemos unidos se debe a que nuestro gestor municipal se encarga de confundir, malinformar y de mantener los prejuicios de unos vecinos para contra los otros...en vez de hacer una gestión honesta y unificadora...
en vez de pensar que la mayoría de los vecinos son cada día más mayores y no pueden subir por el monte cada vez que hay una avería..., en vez de pensar que tenemos derecho a un servicio digno...(te invito a que conozcas el lugar en una de tus visitas...)
De cara al exterior vendemos cambios...pero vivir aquí y reclamar derechos básicos es otro cantar...No obstante sigo al lado de las personas, que sean del partido que sean, sí hacen cosas por esta hermosa tierra. Un saludo

Bautista Sotelo dijo...

Gracias, polo comentario. A verdade que sorprente o que contas. Cando poida acercareime a facerche unha visita.