domingo, abril 05, 2009

Obras na praza de O prado



Según parece o Concello vai intervir na praza, despois da semán santa. Haberá zonas peatonalizadas e ampliación de terrazas dos bares, con barandas que pechen estas terrazas. Unha intervención moi importante no corazón da nosa Vila da que apenas teño información. A ver se alguén pode facer algunha achega.
Foto Campos.

17 comentarios:

Anónimo dijo...

Vexote moi optimista, Bautista. Ten paciencia e verás o resultado.

Manolo Revirado dijo...

Tanto costa facer participar ós veciños na toma de decisións. Tan pouco interesa o que digan os cidadans de Caldelas sobre a súa plaza. Soio interesamos uns días antes das eleccións.

Anónimo dijo...

Por más que insistamos, nunca seremos voz, ni parte.
Ellos (los políticos) siempre serán nuestros salvadores; siemppre velando por nuestro bienestar.¡Votadme! y dejar hacer.

Xurso C. dijo...

Non debería ser así. Son moitos anos de democracia. Xa toca ir alimentando as formas de participación dos cidadáns.

Anónimo dijo...

Fai boa pinta, polo que eu escoitei.

Vivindo no Prado dijo...

Dende logo podemos participar, levantando o Cú da silla donde temos o pc (personal computer) e indo a casa do concello donde segun a lei deberia estar o proxecto para que os veciños poderamos expoñer as nosas dubidas a favor ou en contra

Bautista Sotelo dijo...

Certo, vivindo no Prado. Temos ese dereito, dacordo ca constitución do 78 e o artigo 35 e seguintes da Ley de Procedemento Administrativo. O dereito a información dos cidadáns.

No meu caso os 1000 km. aprox. do meu Concello non me permiten ir ata alá con facilidade.

Son consciente da limitación de medios do Concello, como para ter colgado na súa paxina esta información. Formas sinxelas de expor a información e que mostran o verdadeiro dexeso de que os cidadáns participen na toma de decisións.
Pero hai medios, como os de sempre, enviar unha carta informando as asociacións, invitándoas a que participen. É moito pedir...?, logo de tanto traballo para impulsar iste tema pola Asociación de Amigos de Caldelas, por exemplo, noso caso non soio dende o PC.

Calquera movemento na liña da recuperación deses espazos, por pequeno que sexa, será valorado positivamente.información e que mostran o verdadeiro dexeso de que os cidadans participen na toma de decisións.

Pero hai medios, como os de sempre, enviar unha carta informando as asociacións, invitándoas a que participen. É moito pedir...?

Se tes información, poderíala compartir. Un saúdo.

J.J.B. dijo...

Dín, fontes internas do Concello, ben informadas, das que tran e levan, que o proxecto está en plano e leva a firma dun arquitecto, de recoñecido prestixio e experiencia en temas de urbanismo. Que pensou moito a intervención e tivo en conta os usos da zona e as necesidades da xente. Que non esqueceu os coches, os taxis, os accesos a través do prado e a ubicación dos autobuses. Que o proxecto ten en conta todas as sensibilidades. Que é un proxecto para o futuro. Que a posta en valor da praza é definitiva e deixa de ser un aparcadoiro de estrada.

Anónimo dijo...

A ver si desta quedan algúns cartiños para a fonte que hai a carón do Concello. Esa zona ten moita visibilidade e atopase moi desordenada. Definitivamente, a porta de entrada ao Castro patrimonial vaise presentar con orgullo.

Anónimo dijo...

Es una buena noticia y mi enhorabuena para Osorio y su equipo. Puede que de entrada cree algún problema pero al final tanto vecinos como visitantes lo agradecerán. El Castro tiene que aprovechar sus oportunidades. Muy bien. Rectificar es de sabios.

Casiano dijo...

Parabéns. É unha boa nova, propia dunha corporación socialista. Socializar o espazo público é unha decisión lexítima.

Maite Salgueira dijo...

Con esa decisión o Concello eleva a calidade de vida dos veciños e ponlle coto ao aparcadoiro dos coches. Unha decisión valente da que nunca se arrepentirá.

fillo de taberneiro dijo...

Está ben, hay que ordenar e mellorar a calidade de vida dos veciños pero tamén facer as cousas de maneira que os negocios tamén gañen e non se vexa perxudicado ninguén.

Bautista Sotelo dijo...

Certo, fillo de taberneiro, non debería ser un problema conciliar os diferentes intereses. Hai que buscar o entendemento entre todos para mellorar as cousas.

Manu dijo...

Espero que as cousas se fagan con sentidiño. As firmas de "recoñecido prestixio e grande experiencia" non sempre fan as cousas pensando no fin para o que se van utilizar. Non sei se as escaleiras que van dende a carretera ata a Devesa tamen as dirixiu un personaxe de recoñecido prestixio e o enxendro que hai no final delas tamén. Cousa fea, co castelo o fondo ¿qué tera que ver unha cousa ca outra? nin ca nosa identidade nin con pobo antigo e precioso que temos. O Prado e o noso nucleo e referencia, o redor del articulase a vida da vila e hai que ter moitas cousas en conta. Deus nos axude.

Saramaga dijo...

Teño moitas gañas de ver ese proxecto. Cóncedolle o beneficio da dúbida, teño esperanzas no cambio, na mellora na boa fé nas intencións e esforzos e bla bla bla...¿ quen me pode dar idea aprox. de cómo nese espazo da praza ( tampouco tan grande) vai ese arquitecto a habilitar de xeito equilibrado e pacífico entre distintos intereses como hai, negocios, terrazas, aparcadoiro para coches taxis e autobuses , zona verde, espazo infantil e peatonal???? a min non se me ocorre .
Con sentidiño común penso que máis que conciliar ( sinto pero neste caso vexo difícil) hai que separar: os taxis e demaís coches aparcados non deberían ocupar ningún espazo na praza.Solucionado.
Agora a pensar onde os colocamos para que todos esteamos contentos, taxistas e conductores tamén claro.

Anónimo dijo...

Creo que no web do Pontelouco van dar máis información sobre o debate da praza e todos os dos bares van facer unha foto ca camiseta, estaría ben, todos os dos bares ponendose loucos, non soio vendo como se poñen loucos o resto dos veciños.