viernes, agosto 07, 2009

A luz entra no mosteiro de Montederramo


Unha moza nova foi a nosa guía polo mosteiro de Montederramo nunha visita relámpao, case imprevista. Na entrada da Igrexa de Santa María, explicounos aos visitantes que o pobo quedábase no primeiro espazo, sen cruzar as portas, e de aí ven a expresión de “oír misa”. Logo ven o espazo que habitaban os monxes, primeiro benedictiños e logo cistercienses. Eles si que vían e oían a misa. Nesta tardiña de verán, o sol entra polas fiestras, polos buratos das enormes naves deste mosteiro, xoga ca escuridade e sinala onde descansar, antes de ver o retrablo maior, restaurado, o impresionante coro e os seus fermosos claustros. Cada día hai visitas e dende hai pouco un audiovisual fala da historia desta xoia da Ribeira Sacra.

No hay comentarios: