lunes, abril 19, 2010

Manoliño da camioneta e Eduardo Barreiros


A mediados dos 70 hai que recoñecer que O Manoliño da camioneta, así o identificaban no Castro, ou Manoliño “o que casou ca filla da Maria Varela, a dos foguetes, era un home triunfador ou esa era a imaxe que proxectaba cando viña polo Castro. Coches e motos impresionantes, boa roupa e símbolos que mostraban o seu poderío. Lembro que viña moito pola festa dos Remedios. Alugaban gran parte do noso pequeño hotel e todo corría pola súa conta. Unha pequena corte de familiares e amigos compartían mesa con iste empresario instalado en Madrid no tempo en que Barreiros se trasladou alí. Non eran habituais por alí persoaxes como o Manoliño e hai que recoñecer que se facían notar.

Fai uns días a “2” de Tv botaba un documental de “Barreiros, motor humano”, producido pola productora de “la región” no 2007, sobre a vida e proezas de Eduardo Barreiros, o mecánico de Gundías —Nogueira de Ramuín— que dende moi pequeño mostrou unha gran habilidade cos motores, logrou transformar o motor de gasolina a diesel, patentou o motor diesel para a Península e en poucos anos montou unha gran industria automovilística, ata ser devorado pola multinacional automovilística Chysler.
O documental mostra a súa loita para poder producir frente ao proteccionismo do INI que apostaba soio por Pegaso. Moitas das pezas dos Barreiros viñan de de Portugal de contrabando e ahí e onde entra o caldelao Manoliño, peza fundamental desta aventura, que foi un dos colaboradores que sempre estaba disposto a arriscarse cos seus camións cruzando a Portugal. Coido que chegaron a ser moi amigos e o éxito de Manoliño sempre tivo que ver moito co de Barreiros.

No hay comentarios: